Quilmas prepara o seu V Mercado Ecolóxico
08:50 17/08/12
A Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa organiza unha nova edición do Mercado Ecolóxico de Quilmas para o domingo 26 de agosto. Nesta ocasión, xa a 5ª edición deste novedoso mercado, atoparanse horticultores, gandeiros e apicultores procedentes de toda Galicia que traballan as súas terras seguindo criterios ecolóxicos.
Poderemos mercar toda clase de froitas, verduras e hortalizas, así como mel, leite e queixos, herbas, galletas, fariñas...
Unha cesta semanal
E animamos a pequenos grupos do arredor de Carnota, que se poñan en contacto coa Cooperativa se queren realizar pedidos continuados. En QPC formamos parte dun grupo de consumo entre varias familias de Corcubión e cada semana chéganos unha esta coma esta...