mércores. 19.11.2025
El tiempo

Realizan melloras no Punto Limpo de Carnota

Actuacions no Punto Limpo de Carnota
Realizan melloras no Punto Limpo de Carnota

O Concello de Carnota, co apoio financieiro da Xunta de Galicia, levou adiante unha serie de actuacións para mellorar a xestión dos residuos no municipio de Carnota, grazas á Orde do 17 de decembro de 2024 que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais galegas. Estas axudas, cofinanciadas polo fondo europeo do Mecanismo de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, teñen como obxectivo apoiar actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Entre as actuacións prioritarias efectuadas, atópanse a dotación de medios para a clasificación correcta de residuos (RAEES), melloras no caseto de residuos perigosos para garantir a súa seguridade e acondicionamento, a adquisición dun sistema de pesada para un control exacto dos residuos e diversas medidas de acondicionamento do recinto, como sinalización, peches reforzados e instalación dun sistema de videovixilancia para minimizar actos vandálicos.

Ademais, substituironse dous contedores de gran volume debido ao seu deterioro e a colocación de carteleira informativa que axudará á identificación de cada tipo de residuo tanto no exterior como no interior das instalacións.

Estas melloras conlevarán un incremento do 10% na recollida de residuos en comparación co nivel anterior e paliar os actos vandálicos que provocaron a desaparición de 6 toneladas de residuos nas instalacións.

Un dos aspectos técnicos máis destacados é o cálculo da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) derivadas destas actuacións, cunha estimación das emisións iniciais en 138,96 toneladas de CO2 equivalente, calculadas a partir dos datos do sistema de tratamento.

Esta iniciativa reforza o compromiso do Concello de Carnota coa correcta xestión ambiental e coa mellora da calidade de vida da cidadanía de Carnota, promovendo unha xestión de residuos máis eficiente, segura e sostible.

Comentarios