Venres. 29.03.2024
El tiempo

Repaso ao sumario da Operación Orquesta (II): Aumentan os salpicados

Repaso ao sumario da Operación Orquesta (II): Aumentan os salpicados
Facemos outro repaso ao sumario da Operación Orquesta coa axuda das dramatizacións que nos cede a Radio Nordés - Cadena Ser. E o facemos tras coñecer a versión do propio Ramón Vigo, que nunha carta lle explica aos seus veciños que todo é unha trama do PP e do PSOE por non liderar as súas candidaturas. Imos repasando novidades, que atinxen ademais dos concellos implicados inicialmente, aos de Muxía, Corcubión, Carnota, Vimianzo e ata Sada, ademais da Consellería de Traballo. A adxudicación ilegal de obras segue sendo o motor da trama.

Concesión de obra = Campaña pagada

Podemos escoitar nesta conversa, moi breve, a Ramón Vigo falando con Xoan Bautista Alvores, arquitecto e parente do rexedor. Vigo explícalle a Alvores que se consegue a concesión da obra do futuro centro do coñecemento en Cee, a campaña das eleccións saíríalle gratis ao actual rexedor. A chamada é moi breve, pidolles atención, falan, primeiro Ramon Vigo, contesta o seu cuñado e arquitecto. Multa sin puntos

Premios por concesións

Jorge Lopez e Daniel Ogando fillo preparan unha festa coa que premiaban o rexedor pola sua complicidade na adxudicacion de obras e contratos. Responsables políticos de concellos como Fisterra, Cee, Muxía ou Corcubión estarían invitados. Primeiro, preparando un menú a todo trapo: Jorge López e Ramón Vigo

En Mazaricos

O pago de 5.000€ en metálico da empresa Ogando en concepto de comisións a funcionarios e políticos de Mazaricos (o responsable de Festas Benito Martínez, o alcalde Santos Maneiro e o arquitecto municipal, Orlando González Villarino), "en contraprestación por dos obras adjudicadas a Ogando en marzo y abril" foi unha das prácticas detectadas. Uns 5.000€ que supoñen o 2% do contante global das obras adxudicadas "a dedo", que rondaron os 500.000€ no 2010.

En Carnota

Denuncia hoxe o PSOE de Carnota a aparición na prensa dunha posible implicación do Concello de Carnota na trama. I é que parece ser que o Xulgado solicitou informes sobre o Concello carnotán. A contratación de varias obras está no punto de mira.

En Corcubión

Outra das conversas intervidas, se pode escoitar a Ogando falando do alcalde de Corcubión, amenazándoo de deixar de pagar o mantemento dos xardíns do concello "dado que nadie le paga y no le han adjudicado ninguna obra", según a Policía. "Lo que pretendo es hablar con el alcalde, hace un mes que prácticamente hablé con él. Decía que iba a acercarme dentro de un mes, a ver si había algo y si no hay nada, paro, que le den por el culo", queixábase Ogando. O que non entende a Policía é como unha empresa privada é a encargada de abonar os gastos de mantemento do axardinamento.

E en Muxía

Se esta semana xa ollabamos a posible implicación do corcubionés Carlos Rey, hoxe sabemos que a través do seu teléfono, e facéndose pasar polo rexedor muxián, o Concello de Muxía conseguiría un trato de favor na contratación dunha orquesta da man de Jorge López. "Todo ello con el conocimiento y aquiesciencia del propio alcalde señor Félix Porto, según se infiere de las conversaciones antes apuntadas", segundo a fiscalía.

E de Vimianzo á Xunta

A trama extenderíase ata Vimianzo, pero sen entrar no mesmo Concello. A onde si chegaría é ata a Consellería de Traballo. Un posto no xeriátrico de Vimianzo, como escoitabamos onte, para a moza do Ogando fillo, podería ser a causa. Beatriz Mato, asegura non lembrar ter falado co alcalde Traba.

"Ya pasó igual en Sada"

O feito de que estas prácticas sexan máis que comúns continúa demostrándose, o que non quere dicir que non sexan delitos. Nunha das conversas que se lle escoita a Jorge López, enténdese como á hora de xustificar facturas da Xunqueira, López explica que "ya me pasó igual en Sada..." Faltaría confirmar se se trata dun xeito puntual ou algo habitual para implicar tamén ao concello coruñés.

Novas declaracións

Este xoves 14 de abril pasarán polo xulgado de Corcubión os 4 traballadores do Concello de Cee que xa pasaron o pasado mes pola comisaría de Lonzas. Trátanse da secretaria e a administrativa (acusadas de “Tráfico de influencias”), un Policía Local (con cargos de “prevaricación”), a Xefa de Gabinete (acusada de “malversación de fondos”).

Revista de prensa sobre o sumario da Operación Orquesta

Máis información

Artigos relacionados

Nova relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Dramatizacións sonoras da Radio Nordés - Cadena Ser.

Comentarios