Será o Monte Pindo declarado Xeoparque en 2016?
14:37 30/09/15
Vidal Romaní augura un futuro protexido para o Monte Pindo
A piques de cumprir 5 anos, a Asociación Monte Pindo Parque Natural érguese hoxe cunha moi boa nova. Porque unha das voces máis sinaladas da ciencia galega vén de romper unha lanza pola declaración do Olimpo Celta como Xeoparque.
Vidal Romaní,
recentemente nomeado membro da Real Academia Galega das Ciencias, aseguraba nunhaentrevista a El Correo Gallego que o macizo costeiro será protexido o vindeiro 2016.
Faino, ben é certo, un dos meirandes valedores deste espazo granítico singular, que leva dando conferencias e participando en actos relacionados co Pindo dende hai anos. E faino cunha clarividencia evidente, deixando claro que o único que temos que facer é “evitar que se destrúa con canteiras e minas ou se cubra con cascallos”, porque “o espazo leva aí 350 millóns de anos sen que se tiveran que gastar cartos”.
En clave de país, Romaní defende que o Monte Pindo xunto con outros lugares do País coma O Courel, Serra do Xurés, Manzaneda, Cañóns do Sil… conforman un patrimonio xeolóxico suficiente para desenvolver unha nova modalidade de turismo xeolóxico na nosa comunidade.
Novas relacionadas
- Vidal Romaní leva o Monte Pindo ata a Real Academia Galega de Ciencias.
- Un roteiro conmemora o quinto aniversario da asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Sen novas dos traballos de recuperación do Monte Pindo dous anos despois
- Máis de setenta aves habitan o Monte Pindo
- Agosto 2015: Francisco Santiago López denuncia con vídeos desfeita dos sistemas naturais costeiros
- Agosto 2015: Denuncian a grave deforestación da Devesa do Anllares.
- Marzo 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Asociación Monte Pindo Parque Natural