O Concello de Carnota e Stolt Sea Farm asinan un convenio de colaboración

08:02 14/12/21
O Concello de Carnota vén de asinar un convenio de colaboración con Stolt Sea Farm, mediante o cal a multinacional ten previsto a realización dun programa de visitas guiadas polas súas instalacións co fin de dar a coñecer o proceso de cría e manufacturado dos peixes planos que traballan.
As actividades irán destinadas a alumnas e alumnas de primaria do CEIPS de Carnota e do Pindo e tamén ao alumnado da Escola de Música Municipal e estarán coordinadas polo Concello.
O convenio, por importe de 10.000€ anuais, terá unha duración de 4 anos prorrogable anualmente.
Novas relacionadas
Propoñen deseñar visitas escolares á piscifactoría de Cabo Vilán