Luns. 29.04.2024
El tiempo

Tambaléase o pacto PSOE-BNG en Carnota

Tambaléase o pacto PSOE-BNG en Carnota

Non está claro o que acontecerá no Pleno Constitucional de Carnota deste 11 de maio. O que parecía cantado (pacto entre PSOE e BNG) non está tan claro. A semana pasada o BNG esixíalle ao PSOE que cumplira un acordo e ceda a alcaldía. Hoxe, vén de enviar o PSOE de Carnota un comunicado polo que se ve que polo de pronto, non hai acordo.

O PSOE asegura que está falando tamén co PP baseándose en principios de "diálogo social". O propio Suso Campos afirma que serán os militantes os que decidan con quen pacta o grupo.

A maior discrepancia nas propostas é que o PSOE esixe que se aproben dúas dedicacións exclusivas, mentres que no BNG prantexan só unha, para reducir o gasto en soldos, un punto no que ambos grupos están dacordo e veñen denunciando dende hai tempo. Por este motivo consideran "ao BNG responsable de que non exista un acordo antes da investidura entre as forzas políticas de esquerdas".

Haberá que ver que ocorre ao longo desta semana de cara ao Pleno de investidura deste sábado 11 de xuño.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios