Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os comicios en Carnota: Cambio de goberno a tiro de pacto

Os comicios en Carnota: Cambio de goberno a tiro de pacto

Os resultados dos comicios en Carnota deixan un novedoso panorama político. O PP segue sendo a primeira forza. Pero con 200 votos menos, que fai que coa baixada de 2 concelleiros pola perda de poboación, que o PP perda a maioría absoluta.

Nesa tesitura, BNG e PSOE teñen na súa man pactar e cambiar o rumbo político do Concello. O BNG, con 180 votos máis que no 2007, subiu un concelleiro e poden abrir o despacho do alcalde, ao que volvería Moncho Noceda.

Pero as cousas non van ser tan sinxelas. Pois o PSOE de Carnota, algo decepcionado pola súa baixada de 1 concelleiro, ten, nembargantes, a clave. O equipo de Campos quedou a 7 votos de roubarlle o 3º concelleiro o PP, pero así e todo será clave.
Suso Campos segue co "compromiso de que non ser teniente alcalde de ninguén". Así, aceptaría pactar co BNG sempre que lle cedan a alcaldía. Pero tamén no caso de darlle un bo repaso ao programa nacionalista, asegurando dúas dedicacións (unha para o seu partido) e firmando un "50% de poder en todas as decisións, se non nada", sentencia Campos.

Pola contra, co PP só se prantexa pactar no caso de que lle deixen a alcaldía. "Pero antes de darlle de novo a alcaldía dimito. O PP non é alcalde", sentencia.

Para o BNG "Carnota quere unha alternativa"

Esa é a postura do BNG tralos resultados, que consideran positivos e dos que resaltan, ademais da súa posición, a alta participacións pois "case 3 de cada 4 votantes quixeron exercer o seu dereito a voto".

Destaca Moncho Noceda, que "o BNG foi a primeira forza en Lira e Lariño, ficando moi poucos votos por debaixo do PP en Caldebarcos". "Ademais, a xuventude respondeu de marabilla", asegura Noceda.

Iso si, Noceda confía en que o PSOE manteña a promesa de que "o que teña máis votos mandaría o apoio do outro, como faláramos". E o que ambos teñen claro é que "para sacar ao PP de aí hai que entenderse".

Pendentes dos pactos

Todo quedará para o vindeiro 11 de xuño, cando se celebre o Pleno de Constitución. Ata esa as negociacións entre uns e outros botarán fume.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios