![Un grupo de alumnos e alumnas remataron o nivel completo de linguaxe musical]()
Un grupo de alumnos e alumnas remataron o nivel completo de linguaxe musical
Tras un longo ano de aprendizaxe chegan as merecidas vacacións. Pero non sen antes facer unha clausura das actividades. É o caso da
escola municipal de música -ESMU - de Carnota e da escola de baile e música tradicional da
asociación cultural Adro de Baio.
En Carnota, a cida será o
vindeiro luns, 20 de xuño, ás 19 horas no local da asociación Pedramar, no porto do Pindo. Uns 120 alumnos e alumnas demostrarán todos os coñecementos musicais adquiridos ao longo do curso que trascorreu con total normalidade. Celebraronse, como vén sendo habitual, os
tres festivais anuais, o concerto por Santa Cecilia e a participación no
concurso Quero Cantar, cunha composición propia, organizado pola Deputación da Coruña.
Neste curso rematan o nivel completo de Linguaxe Musical o grupo de 6º. Precisamente o mércores, os seus mestres entregaronlle os diplomas e medallas correspondentes e eles dedicáronlle unhas fermosas verbas en agradecemento a todos estes anos de dedicación.
Adro de Baio
Pola súa banda, a asociación cultural Adro de Baio
clausura este domingo a súa escola de baile e música tradicional. Máis de 80 alumnos e alumnas participaron ao longo de todo o ano nas clases de pandeireta, gaita, percusión e baile. A cita é ás 18 horas no pavillón deportivo de Baio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).