mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha traballadora sofre lesións graves nun brazo nun accidente laboral nunha conserveira de Carnota

Helico Santiago en Carnota
Unha traballadora sofre lesións graves nun brazo nun accidente laboral nunha conserveira de Carnota

Esta pasada tarde de venres, arredor das 20:00h, unha muller sufría un accidente laboral nunha conserveira do lugar de Freán, en Carnota.

Unha máquina atrapou o brazo da operaria e, malia que foi liberada rapidamente coa axudas dos compañeiros e compañeiras, as lesión provocadas no brazo son graves.

A vítima foi trasladada en helicóptero medicalizado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago despois de recibir os primeiros coidados no mesmo lugar do accidente.

Tamén foron avisados os membros do 061, do GES de Muros e os axentes da Garda Civil. Con todo, cando o equipo de rescate chegou ao punto da emerxencia, a muller tiña o brazo liberado. 

Comentarios