Un liceo mariñeiro en Lira para aprender a coidar o mar e a consumir responsablemente
14 de xuño de 2011 (09:45 h.)
Fantástica a aposta da Confrará de Lira para este venres 17 de xuño, a partir das 16:15h. A entidade organiza o Liceo mariñeiro, unha xornada sobre a comercialización dos productos pesqueiros. A actividade está financiada pola Consellería do Mar, a través das Axudas de Promoción socio-cultural e divulgación nas comunidades pescadoras e no sector pesqueiro 2010-2011.
Este Liceo mariñeiro parte da situación de "A pesca artesanal na encrucillada", para promover a idea "Dun mar sostible a un consumidor responsable".
O Salón de actos da Confraría de pescadores de Lira acollerá as xornadas. E este é o programa
Programa do Liceo Mariñeiro de Lira
- 16:15h Apertura - Presentación.
- 16:30 – 17:30.- MARQUEZ & ASOCIADOS: “Alternativas para a mellora da comercialización dos productos pesqueiros na zona de influencia do GAC IV”.
- 17:30 - 18:00: CARLOS RODRIGUEZ: “Experiencia da Agrupación de Interés Económico da Lonxa de Campelo.
- 18:00 - Café.
- 18:15 – 18:45h - ALBERTO GARAZO (Técnico Comercial Cofradía de Bueu – Quadralia)¡ “A experiencia Bueu en acordos comerciais” e “Valorización da trazabilidade, a diferenciación do peixe e marisco”.
- 18:45 – 19:00 – MARTA CAVALLÉ (socia da Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca da Coruña: “As cooperativas de consumo: Unha forma directa de chegar ao consumidor”.
- 19:00 – 19:15 – MANUELA OVIEDO (Xerente Grupo Acción Costeira IV) Axudas do GAC IV para a mellora da comercialización dos productos da pesca e o marisqueo.
- 19:15 – 20:15 - DEBATE.
- 20:15 - CLAUSURA.
Novas relacionadas
- A Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas de Rede Natura.
- A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón.
- A Cooperativa Raínha Lupa crece ao ritmo da agricultura ecolóxica e volve coas abellas.
- O Pindo decláralle o seu amor ao mar nas VI Xornadas de Pesca.
- A Reserva Mariña de Lira protagonista en toda suramérica.
- Os Miñarzos, o mellor exemplo de pesca sostible para WWF-Adena .
- ASOAR-ARMEGA segue levando o mar ás Escolas.
- A Costa da Morte boicotea Israel.
- A Costa secunda a hora do apagón ecolóxico.
- Cee cambia o rumbo da economía mundial.
- O II Maio Solidario comeza responsablemente .
Fonte
- Nota de prensa da Confraría de Lira.