Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas de Rede Natura

A Xunta abre as portas ás piscifactorías en zonas de Rede Natura

A Xunta, a través da Consellería de Medio Rural, vén de aprobar o novo Plan Director de Rede Natura 2000 - A Conservación sostible destes espazos protexidos". Segundo a Xunta a idea do Plan é a "compatibilización da protección co necesario desenvolvemento social e económico dos habitantes das bisbarras que se asentan nestes espazos".

O Plan levanta varias das directrices que mantiña o anterior Plan, co que permitirá a actuación en zonas protexidas. Se ben non se permitirá novas explotacións mineiras abertas ou novos parques eólicos, centrais hidroeléctricas ou solares (si ampliación dos xa existentes) , o novo Plan si que demostra un cambio en materia de Acuicultura. Así, a Xunta abre as portas á construción de piscifactoría mesmo nos espacios de maior valor natural.

Na nosa bisbarra, unha das protagonistas será a piscifactoría de Touriñán recentemente recuperada por esta Xunta, que conta xa ademais conta co apoio do PSOE.

Zonas protexidas

O Plan Director –subliñaron– é o instrumento no que se recolle en detalle a planificación, ordenación e xestión dos 59 Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e das 16 Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) en Galicia, dando cumprimento ás esixencias establecidas nas directivas europeas (DC92/43/CEE; DC 2009/147/CE e DC 2000/60/CE), na normativa estatal (Lei 42/2007) e na autonómica (Lei 9/2001), que xa recoñecía automaticamente os LIC e ZEPA galegos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais.

O conxunto de espazos Rede Natura 2000 en Galicia abrangue unha superficie total de 389.565,9 hectáreas, das que 34.990,3 corresponden a medios mariños e 354.575,6 a medios terrestres, o que supón o 12% da superficie continental galega.

Zonificación

"A zonificación servirá para dar maior valoración ambiental menor é a capacidade de intervención nos espazos Rede Natura. En concreto, establécense 3 unidades de zonificación: Zona 1, denominada “Área de protección” (26,30% da rede), cun valor de conservación moi alto; Zona 2, chamada “Área de conservación” (67,70%), cun valor de conservación alto e medio. E, por último, Zona 3 ou “Área de uso xeral” (6%), cun valor de conservación medio e baixo en territorio de asentamentos e núcleos rurais".

Fonte e máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios