Venres. 29.03.2024
El tiempo

A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón

A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón

"Coas nosas rías non se xoga". Ese era o lema polo cal máis de 40 colectivos encadrados na "Coordenadora en Defensa da Ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas" se manifestaron este domingo 5 de xuño nas rúas de Muros. Unha manifestación ademais que coincide co Día Mundial do Medio Ambiente, unindo así os intereses unha vez máis do sector da pesca artesanal cos intereses máis ecoloxistas.

Máis dun millar de persoas participaron na manifestación muradá, onde se rexeita a instalación, por agora experimental, de granxas de salmón que tampouco queren na ría de Arousa. A incompatibilidade entre a pesca de baixura e o marisqueo e o modelo de acuicultura industrial quedou patente.

Para os mariñeiros da pesca artesanal a hipotética instalación dunha granxa mariña completa produciría un impacto negativo nas augas da zona. O uso abusivo de antibióticos así como a xeración de residuos polas propias mortes de alevíns incidirúa negativamente en outras especies.
Polo outro bando, a Xunta que non é para nada perxudicial e que se crearían máis de 100 postos de traballo na zona.

Loita contra a acuicultura extensca

Os manifestantes extenderon a loita contras as xaulas de salmón (instaladas con nocturnidade e alevosía) ao Plano Acuícola. Varios dos colectivos participantes na manifestación son membros das Plataformas contra o Plan Acuícola de Quilmas, Camelle ou Arou. I é que nas últimas datas Pescanova e a Xunta destaparon de novo a macropiscifactoría do Cabo Touriñán.

Colectivos participantes

Estas son varias das entidades que forman a "Coordenadora en Defensa da Ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas":

A FEG (Federación Ecoloxista Galega, con18 organizacións), as Plataformas contra o Plan Acuícola de Quilmas, Camelle e Arou, a confraría de Camelle, a asociación Monte Pindo Parque Natural, a Plataforma pola defensa do Xallas, o Comité Cidadán de Emenxencia da ría de Ferrol, a PDRA (Plataforma en Defensa da Ría de Arousa), Ortigueira Sostible, a APDR (Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra), a CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), Bouzas Móvete, Salva la Selva e Galiza Non se Vende, integrada por 60 colectivos.

A manifestación rematou nunha sardiñada de lecer.

A visión do escaravello verde

E vos deixamos cunha reportaxe do programa da TVE El Escaravajo Verde sobre a situación.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios