A Cooperativa Raínha Lupa crece ao ritmo da agricultura ecolóxica e volve coas abellas

O auxe da Agricultura Ecolóxica en Galicia segue a ser unha constante realidade. De feito, o valor da produción da Agricultura Ecolóxica certificada en Galicia medrou por riba do catro mil por cento (un 4.229%) na última década. Xa son máis de 17,1 millóns os que factura este sector en auxe.
E nós na Costa temos un bo exemplo, como é a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas, que non para de achegar á veciñanza da zonaprácticas sostibles como a apicultura.
Así, dende Quilmas nos invitan ás novas xornadas sobre "Apicultura e Fruticultura: prácticas compatibles" que van a ter lugar en Quilmas, na Agra da Cooperativa, o venres 27 de maio e, o venres, 3 de xuño. Colabora na organización o SLG.
Continuando co programa

Estas xornadas veñen como punto e seguido dos cursos realizados anos anteriores sobre froiticultura, e sobre todo coma remate o curso de "apicultura como práctica complementaria á horta" que se desenvolveu o pasado ano e no que profundizamos sobre o manexo das abellas, a súa estructura social, as flores que máis lles gustan e as épocas de floración, os produtos que elas elaboran nas colmeas, vivimos, na práctica, a obtención do mel, a importancia ecolóxica dos polinizadores, etc...
Este ano completarán e refrescarán os coñecementos adquiridos coa instalación de novas colmeas nunha zoa próxima aos verxeis de froiteiras autóctonas que están a medrar na Agra de Quilmas. Deste xeito farase un repaso sobre a polinización, os coidados das abellas, requisitos para a instalación dun colmear e fruticultura básica.
Os obxectivos destas xornadas e adquirir coñecementos para levar a cabo inicativas similares dun xeito sostible, e considerar a agricultura e o trabalho coma abelheir@s, labreg@s e fruticultoras/es, unha alternativa de vida e laboral mixta/estacional/ou a tempo completo, valorando a importancia que ten a nosa/súa función sobre a contorna e nos ecosistemas.
Inscrición
As xornadas son abertas e gratuitas só é preciso facer unha inscripción previa través do correio casadareinalupa@hotmail.com ou o tlfno 697 364 124. Se estades interesad@s en participar estes dous días entre abellas e natureza baixo a ollada de O Pindo, pois ánimo e anotarvos!
Novas relacionadas
- Caldebarcos sabe a mel.
- As entrevistas do GDR: César Cambeiro.
- As abellas volven á vella alvariza de San Cibrán 60 anos despois.
- Coñecendo a maxia das abellas .
- ReXurde Caldebarcos .
- De sendeirismo por Caldebarcos .
- Denuncian un desbroce abusivo nos muíños de Caldebarcos .
Fonte
- Nota de prensa da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa.