Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un retiro de Ioga en setembro en Carnota para traballar a volta á realidade

Un retiro de Ioga en setembro en Carnota para traballar a volta á realidade
Retiro de Ioga en Carnota Escena dun dos habituais Retiro de Ioga de Flor de Tila en Carnota

Segue afianzándose a Costa da Morte como un lugar de refuxio, de meditación. O Festival Shanti OM de Santa Comba é toda unha referencia a nivel autonómico, e pouco a pouco vanse sumando iniciativas para demostrar que a nosa bisbarra é fetén para un retiro espiritual.

Así o refrenda o centro de ioga Flor de Tila que, en colaboración co Fogar do Carpinteiro Casa de Aldea, organizan o X Retiro de Ioga en Carnota os días 29 e 30 de setembro. Un xeito ideal de traballar a volta a casa, a volta á realidade.

Desta volve farán fincapé no Silencio e a Respiración Consciente, pois consideran “a respiración consciente como o vehículo que utilizas para volver ó teu verdadero fogar”.

O retiro constará de diferentes actividades ademias de IOGA como son: ruta en silencio, respiración consciente, pranayama e meditación.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/santa-comba-afianzanse-no-mundo-do-ioga-e-a-vida-saudable-co-exito-do-terceiro-festival-shanti-om/ https://quepasanacosta.gal/ioga-precariedade-e-poder/

Comentarios