Unha visita guiada ao Castelo de Peñafiel polo Día do Patrimonio
07:15 14/11/18
Recreación do aspecto do Castelo de Peñafiel no Monte Pindo
Poucos plans poden compararse con este que propón a Asociación Monte Pindo Parque Natural para celebrar o Día Internacional do Patrimonio Mundial. Este sábado 17 de novembro, nunha actividade coordinada pola Rede do Patrimonio Cultural, prepara unha visita guiada ao Castelo de Penafiel, no corazón do Olimpo Celta. Unha visita para ver o lugar que acolleu na Idade Media ese torreón colocado enriba da desembocadura do río Xallas, que foi completamente destruído durante a revolta irmandiña, en pleno século XV.
A xornada comezará ás 10:00 horas na Área recreativa do Fieiro (Mazaricos) con retorno ás 13:00h. A asistencia é libre e de balde.