A veciñanza do Pindo e Quilmas recaudou no I Festival Solidario Costa da Morte máis de 4.500€ para a AECC
09:51 14/11/23
Emotiva a entrega simbólica que se celebrou onte en Carnota. Os representantes das Asociacions Pedramar do Pindo e Chan das Lamas de Quilmas Carnota, facían entrega á Asociación Española contra o Cancro dun cheque simbólico cos cartos colleitados no I Festival Solidario Costa da Morte, celebrado o pasado 28 de outubro na Antiga Lonxa do Pindo.
Nada menos que 4.564€ van para que a AECC poida axudar na investigación, ás familias… na loita contra o cancro.
As entidades veciñais como as representantes da AECC local, queren agradecer unha vez máis a xenerosidade amosada por parte de toda a comarca e esperan poder celebrar vindeiros eventos pola mesma causa en próximas ocasions.