Martes. 17.05.2022
El tiempo

Vieiro expande o seu programa de prevención do xogo patolóxico ata os centros de ensino de Laxe e Carnota

Vieiro Mar de Redes na ESO
Vieiro expande o seu programa de prevención do xogo patolóxico ata os centros de ensino de Laxe e Carnota

O programa "Mar de Redes" da Asociación Vieiro trata de fomentar na poboación escolar o uso adecuado das TICs a través da toma de conciencia dos riscos do uso das novas tecnoloxías, dos posibles delitos, das súas consecuencias ou das formas de protexerse así como previr o uso problemático de Internet, das redes sociais e/ou outras prácticas de risco asociadas a estas tecnoloxías (videojuegos, apostas, xogos de azar online).

Son moitos os [email protected] dos centros escolares de Carballo que xa teñen recibido estas sesións prácticas, pero é boa nova que a entidade extenda os seus tentáculos a concellos veciños como son o de Laxe e o de Carnota.

O IES Lamas de Castelo (co alumnado de 1º, 2,º, 3º, e 4º da WESO), e o CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe (cos de 5º e 6º de Primaria) acolleron estas charlas fundamentais para o desenvolvemento da rapazada.

O programa “Mar de Redes” lévase a cabo durante o segundo e terceiro trimestres do curso escolar 2021-2022. As sesións teñen unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha. As profesionais encargadas de implementarlo son a pedagoga: Dalila Vizcaíno Regueira e a educadora social: Iria Villar Cancela.

comentarios