Venres. 29.03.2024
El tiempo

A mocidade dos clubs carballeses aprenden a xestionar as NNTT co programa “Xogo Limpo” de Vieiro

Miriam Romero Traba nunha sesion co Basket Xiria
A educadora social de Vieiro Miriam Romero Traba nunha sesión co Basket Xiria
A mocidade dos clubs carballeses aprenden a xestionar as NNTT co programa “Xogo Limpo” de Vieiro

Continúa a Asociación Vieiro, dentro da programación de prevención no ámbito xuvenil, a Asociación Vieiro, realizando charlas de prevención baixo o lema: “Xogo Limpo”.

De feito, as psicólogas da entidade xa realizaron o obradoiro “Des-Conecta” coas familias do Clube Ciclista Carballo e do Basket Xiria, en sendas citas desenvoltas no Auditorio da Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo.

Son moi interesantes as sesións pois fan un achegamento a unha realidade que non se afronta nas aulas como é o uso responsable e axeitado das novas tecnoloxías. As psicólogas analizan os perigos máis frecuentes que existen no uso de Internet e redes sociais, videoxogos, smathphone, xogos de azar (apostas e xogos online), etc. Tamén se proporcionan pautas de actuación ante situacións conflitivas derivadas do mal uso destas.

Así mesmo, este vindeiro luns 25 de Abril en colaboración co Clube Hockey Lubiáns, terá lugar ás 17:00 horas no mesmo Auditorio, o obradoiro titulado: “CON SUMO CUIDADO”, dirixido a xugadores/as e destinado a proporcionar información acerca dos efectos, consecuencias e riscos asociados ao consumo de sustancias, incidindo sobre todo, no tabaco, alcohol e cannabis.
Os obradoiros serán impartidos pola psicóloga de Vieiro: Lara Periscal Taibo.

Comentarios