Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Volven as Noites Espectaculares a Carnota que prepara ademais un Setembro Cultural familiar

Setembro cultural de Carnota
Volven as Noites Espectaculares a Carnota que prepara ademais un Setembro Cultural familiar

O Departamento de Cultura do Concello de Carnota prepara un setembro espectacular, como as súa xa famosas noites do Mar de Ardora. Pero o espectáculo virá de varias compañías artísticas de primeira orde.

O “Setembro Cultural” arrinca este venres 4 no Campo do Viso. Ás 17:00h toca actuación do Mago Lamas; ás 18:00h merenda e ás 18:30 obradoiro de xoguetes con Xandobela.
Serán grupos de 20 rapaces/as, maiores de 3 anos, e cómpre inscribirse no teléfono 647459445.

O domingo hai cine na rúa, co filme Playmóbil (que non se puido botar o pasado 27 de agosto pola chuvia) ás 22:00h na pista da Gándara, Lariño.

Volven ademais as Noites Espectaculares, e fano con Talía Teatro e a súa Vida de Cans. A cita, o 18 de setembro ás 21:00h no salón de actos do Concello de Carnota. Cómpre reservar a túa entrada no 647459445.

A Festa de Fin de Verán será o 𝟸𝟻 𝐝𝐞 𝐬𝐞𝐭𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐧𝐨 𝐂ampo do Viso, co Cirkote de Malabaranda ás 17:00h, merenda e Inventi Teatro.

Noites espectaculares

Ademais, de aquí a fin de ano está preparado o ciclo de Monólogos, teatros, relatos, contos… actividades para adultos que se van levar acabo no Salón de Actos do Concello de Carnota. É imprescindible reservar entrada, xa que o aforo é limitado, e os artistas son de primeira orde.

NOITES ESPECTACULARES de Carnota 2020

Comentarios