Martes. 17.09.2019
El tiempo

A Xunta descarga nos concellos as obrigas de colaborar cos pósitos a loita contra o furtivismo

Imaxe aérea da zona dos Miñarzos en Lira
Imaxe aérea da zona dos Miñarzos en Lira
A Xunta descarga nos concellos as obrigas de colaborar cos pósitos a loita contra o furtivismo

Non serviu a historia de Manuel de Patelo para que a Xunta abrise a man para recuperar o servizo de vixilancia en confrarías como a de Lira. O PSOE levaba unha pregunta ao Parlamento pedindo facilidades para que as confrarías contraten vixilancia para loitar contra o furtivismo, precisamente unha loita que acabou tendo que facer, pola súa man, o propio percebeiro Liracho, rematando en prisión.

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, a laxense Loli Toja, pedía a través dunha proposición non de Lei na Comisión de Pesca que se celebrou onte no Parlamento de Galicia, un Plan de actuación urxente con medidas como o endurecemento das sancións aos furtivos e campañas de concienciación, ante a grave situación que sofren ducias de zonas do litoral galego, facendo fincapé na Reserva Mariña dos Miñarzos. A responsable socialista pedía este plan.

A resposta da Xunta foi aínda máis indignante do que esperaron, porque o goberno popular “limitouse a invitar aos concellos a contribuír á vixilancia a través dos seus propios medios”, o que supón “tirar balóns fora” porque “saben dos escasos recursos” dos entes locais, segundo Toja. Un xeito de vetar este plan de acción que podería mellorar as cifras actuais, que non pasan das 20 inspección contra o furtivismo ao ano en zonas tan importantes.

Cómpre lembrar que esta Confraría, como outras moitas en Galicia, “non ten recursos para facer fronte á vixilancia, e a vixilancia por parte da Xunta é insuficiente, co que os furtivos adquiren máis poder fronte aos profesionais”. Advirte de que as subvencións para a contratación de persoal obriga ás confrarías a adiantar uns recursos dos que carecen, e ademais “sen garantía ante o compromiso de recursos financeiros” futuros.

Novas relacionadas

Comentarios