12 eventos para o trimestre cultural de Cee
12 eventos serán os que devolvan a normalidade cultural a Cee durante o vindeiro trimestre, no que será o preludio dunha primavera e un verán cheo de actividades na vila da Xunqueira da man do Ano Xubilar. O técnico de Cultura do Concello, Víctor Castiñeira, preparou un completo programa con exposicións e moito teatro como grandes protagonistas. O trimestre terá ademais un recordo para o gran arquitecto ceense Domingo Antonio de Andrade, homenaxeado co Día das Artes Galegas, ata que día 1 de abril tome o relevo o pintor Laxeiro, homeaxeado no 2022. Será o propio Víctor Castiñeira o que presente o seu libro “De Cee a Compostela: un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrade”, no que fai un percorrido pola súa vida e obra facendo especial mención á súa relación coa súa vila natal, algo no que non soen incidir as publicacións existentes sobre o gran arquitecto barroco.
Se a fachada da Casa da Cultura xa loce unha pancarta de homenaxe a Rosalía de Castro (o 24 de febreiro é o seu Día), dende onte e ata o 24 de febreiro, pódese ver na Sala de Exposicións, a mostra “Nós somos elas”, na que as imaxes do histórico fotógrafo de Laxe, José María Vidal, nos pervorren a historia da nosa comarca.
Con respecto ao Entroido, como en Fisterra, non haberá o Concurso de Comparsas, pero o Sábado de Piñata, o 5 de marzo, si que terá algunhas actividades na rúa.
O mes de marzo estará dedicaco á muller, con especial protagonismo para o grupo teatral Avoas de Laxe. A estrea de “Morte accidental dun Anarquista”, de Talía Teatro, será outro dos puntos fortes.
Programa
- Sábado 26 de febreiro, no Auditorio Baldomero Cores, 20.00 horas: TEATRO DO ATLÁNTICO: LIBRE COMO OS PAXAROS.
- Mércores 2 de marzo, na Sala de Exposicións, 19:00h Inauguración da exposición 50 anos da loita contra o cancro, e de seguido, charla de divulgación sobre os avances na investigación do cancro. Visitable ata o 20 de marzo.
- Sábado 5 de marzo, na Praza da Constitución: Tarde de entroido na rúa.
- Domingo 6 de marzo, no Auditorio Baldomero Cores, 19.30 horas: Teatro: EL SEVILLA: LA VIDA ES ROCANROL (Entradas en Woutick.es). Ao remate cocerto dos Mojinos Escozíos.
- Mércores 9 de marzo, Auditorio Baldomero Cores, 11.00 horas: Proxección e posterior coloquio con integrantes da curtametraxe As tres caídas de María Santiso, da productora coruñesa Melgo Cinema e protagonizada por Lucía Veiga.
- Sábado 12 de marzo, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, 20.00 horas: Excursión para ver a obra “A Peste”, dirixida por Cándido Pazó.
- Domingo 20 de marzo, no Auditorio Baldomero Cores, 19.30 horas: Teatro: “AVOAS DE LAXE E COMPAÑÍA”.
- Sábado 26 de marzo, no Auditorio Baldomero Cores, 20.00 horas: TALIA TEATRO: “MORTE ACCIDENTAL DUN ANARQUISTA”.
- Domingo 27 de marzo, no Auditorio Baldomero Cores, 18.00 horas: Espectáculo infantil: 'Soñando Desperto”, co mago David Mestre
- Venres 1 de abril, no Auditorio Baldomero Cores, 20.30 horas. Teatro: “RASTROS de Vidal Bolaño”. Espectáculo teatral de Con de Tres Pés/Centro Dramático Galego.
- Sábado 2 de abril, no Auditorio Baldomero Cores, 20.30 horas. Presentación do libro: “De Cee a Compostela: un achegamento á figura de Domingo Antonio de Andrade” de Víctor M. Castiñeira.
- Domingo 24 de abril, no Auditorio Baldomero Cores, 19.00 horas: Teatro Infantil con Ghazafellos: “RUBICUNDO”, adaptación de Pepablo Patiño dun texto de María Canosa.