Cee xa ten logo e apoio da Xunta para o Ano Xubliar Mariano
Ao longo desta semana tivo lugar na Parroquia de Cee a presentación do Logo oficial do Ano Xubilar Mariano. Un logo que recolle a milagrosa aparición entre xuncos da imaxe da Virxe, estando sobre unha cuncha para facer alusión a praia da Concha da Parroquia ou a vieira do Camiño de Santiago, o cal percorre a Parroquia.
Cómpre lembrar que i Ano Xubilar Mariano de Cee, concedido polo Papa para render culto á Virxe María, e que o programa de actos comezará o vindeiro 1 de maio de 2022 coa apertura da Porta Santa e rematará o 1 de maio de 2023 coa coroación canónica da Virxe da Xunqueira polo bispo de Santiago.
O acto comezaba cunha Eucaristía por parte do párroco Desire Kouakou Tanoh, para despois presentar a obra de Fernando Marmolejo a vez que anunciaba que este recoñecido orfebre sevillano será o encargado de diseñar as novas coroas da Virxe e o seu Neno.
En referencia as coroas que se están diseñando, dende a Parroquia vanse habilitar diferentes posibilidades de contribuir a esta iniciativa; xa sexa aportando pezas de ouro que se fundirán para facer as coronas, doando pedras preciosas, perlas… ou mediante donativos entregados na Parroquia, en conta bancaria específica para esta causa ou por Bizum.
A parroquia agradece o comprosimo dos feligreses, pois para levar a cabo esta programación un grupo de devotos constituiu a asociación “Amigos da Xunqueira”.
Colaboración da Xunta
Como xa lle ratificara Alfonso Rueda ao voceiro do PP local, a Xunta vén de confirmar o seu apoio nas celebracións, unha vez que considera que esta conmemoración suporá unha oportunidade para atraer a turistas e a peregrinos que realizan o Camiño de Fisterra-Muxía no segundo ano do Xacobeo 21-22”.
A Xunta colaborará para divulgar o patrimonio histórico-artístico deste santuario mariano para “poñer a Cee no mapa do turismo relixioso e a fomentar o Camiño de Fisterra-Muxía.
Belén
Ao longo da ponte tamén se acendeu e bendeciu o Belén da Parroquia de Santa María de Cee que este ano estrea nova estructura e iluminación.
Podrase visitar de Martes a Domingo de 11:00h a 1:00 do mediodía e os Mércores e Sábados de 6:00 a 7:00 da tarde; ainda que para as festividades do nadal ampliará o seu horario de visita. Tamén podrase reservar visitas para grupos con previo aviso á Parroquia.