Sábado. 05.10.2024
El tiempo

15 empresarios aprenderon a sumerxirse na rede con Empresas da Costa

15 empresarios aprenderon a sumerxirse na rede con Empresas da Costa
Imaxe das primeiras Xornadas Impactic en Cee con Empresas da Costa

Comezaron este pasado martes en Cee as Xornadas Impactic que ofrecen pola zona os especialistas Manuel Pan e Dani Cerqueiro, responsables do novo proxecto Empresas da Costa. Unha cita que se repetirá este xoves en Carballo.

Uns 15 empresarios acodiron á sesión formativa sobre a presencia en internet para pemes. Os asistentes sumerxíronse en internet, e puideron comprobar como están posicionados os seus espazos na inmensidade da rede.

Manuel Pan comezou falando claro: "Se non estás en internet, non existes". Fixo un repaso polos conceptos básicos da rede, analizou a importancia do posicionamento en Google e deu directrices para como melloralo.

Daniel Cerqueiro encargouse de amosar a necesidade da creación dun Plan de Márketing, mesmo para as pequenas e medianas empresas, relacionándoos coas redes sociais.

O Salón de Plenos de Cee acolleu a primeira Xornada Impactic. A vindeira será este xoves en Carballo

Exercicios prácticos

Pero a parte máis interesante das xornadas é a Auditoría en directo. Os asistentes fixeron varias propostas para analizar a presencia na rede de diferentes establecimentos. Así, os especialistas buscaron e analizaron en directo como se sumerxe a Casa Castiñeira, da Casa de Turismo Rural Perfeuto María, de Outes, ou do proxecto de comercio electrónico "Lolita Moda".

Tamén tiveron tempo para falar de varios casos de éxito, facendo fincapé na importancia da exclusividade, e personalidade de algún proxecto singular, como o de Granxa Maruxa.

Empresas da Costa

Ao remate, os responsables de Empresas da Costa aproveitaron para explicar o proxecto. Un proxecto feito en e para a Costa da Morte que ofrece a posibilidade de ser un vehículo na rede para as pequenas e medianas empresas.
"Unhas páxinas amarelas, un one&one e un cuponeo nunha soa ferramenta , isto é un directorio de empresas, unha plataforma para facer webs a baixo custe, cun dinámico sistema de cupóns. E made in Costa da Morte", facendo referencia ás nais de EdC, como son a empresa carballesa Abertal e a corcubionesa Galinus.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte


Comentarios