Mércores. 24.04.2024
El tiempo

#25N: A xustiza, no punto de mira das Asociacións

25N en Cee coa Buserana
Concentración en Cee coa Buserana
#25N: A xustiza, no punto de mira das Asociacións

Xornada completa de reivindicación a que viviu a sociedade da Costa da Morte. Ademais das numerosas actividades municipais, dúas das asociacións máis comprometidas coa loita feminista saíron a rúa. Foi o caso da Asociación Buserana, que convocou a obrigada concentración en Cee, e a Asociación Sonlilá, que volveu demostrar que a veciñanza de Carnota tamén está tremendamente comprometida.

Por Carnota, as mulleres de Sonlillá prepararon unha exposición cos nomes de todas as vítimas deste 2021, tanto as recoñecidas oficialmente como as que non. Convocaron unha concentración baixo o lema “Combater a xustiza patricarcal para acabar coa Violencia Machista”, e leron o manifesto da Marcha Mundial das Mulleres en presencia de numerosos de veciños e veciñas.

Mulleres de Sonlila polo 25N en Carnota
Mulleres de Sonlilá en Carnota

Por Cee, desafiando aá chuvia máis de medio centenar de persoas uníronse á chamada da Buserana e acodiron á Praza 8 de marzo. O lema da MMM tamén foi escollido pola Buserana, que leron os nomes das 44 asasinadas, puixeron unha flor por cada unha delas.
O acto tamén serviu para facer entrega das dúas gañadoras do I Certame de Microrrelatos da Buserana, xusto antes de ler o comprometido comunicado:

Comunicado da Buserana polo 25N

A violencia non chega só de quen ergue a man, de quen asasina ou maltrata no noso propio fogar ou entorno. Tamén en moitos dos ámbitos da vida que nos rodea, nese día a día onde sufrir machismo é algo tan cotidián que, ás veces, nin sequera o consideramos como tal. Recoñecelo é o principio do camiño para erradicalo, pero soas non podemos acadar ese obxectivo, precisamos axuda institucional e compromiso dunha sociedade que con demasiada frecuencia mira para outro lado, minusvalorando os danos e secuelas que supón a violencia machista para as nenas e as mulleres. Para todas cantas dun xeitou ou outro, sofren esa violencia contra a que hoxe nos manifestamos aquí.

Non pode ser xustiza se é patriarcal, se avala que os corpos das mulleres poidan ser gravados sen consentemento e expostos para fins sexuais. Que un violador sempre vexa rebaixada a pena se ela ía soa, vestida provocativa ou bébeda. Que pisar unha Comisaría e un Xulgado para facer unha denuncia sexan un proceso tan pavoroso que moitas finalmente desistan. Aínda sen apenas persoal especializado, carentes de recursos e de empatía que fagan ás mulleres que van a denunciar sentirse seguras e non amedrentadas. Reclamamos tamén maior protección gubernamental, o cumprimento de promesas sempre esquecidas ou que se poñen en marcha con demasiada lentitude. Leis contra a explotación laboral, a desigualdade e ese modelo de familia onde a muller sempre é a que ten obriga de exercer de coidadora, renunciando en moitos casos a calquera tipo de aspiración profesional. Leis que tipifiquen o acoso laboral e sexual coma o que realmente é: violencia machista. Que non lles saia de balde ás empresas que non cumpren coa lexislación en materia de acoso. Acabar coa violencia contra as mulleres é algo que compete ás Administracións, ós medios de comunicación e a unha Educación na que a Igualdade sexa posta enriba da mesa como motor de convivencia na diversidade. É un traballo arduo pero non imposible. Require implicación e a crenza de que ser muller non é ser menos que ninguén, nin ter menos dereitos nin ser vítimas dunha violencia contra a que non queremos ter que volver a manifestarnos. Mentres chega, só podemos berrar ben alto un "NON A VIOLENCIA MACHISTA E DE XÉNERO!

 

Comentarios