O Manuela Rial arrasa en atletismo, voleibol e Igualdade
Menuda semana para o Colexio Manuela Rial de Cee. Arrasaron nos Campionatos Provinciais de Atletismo, sumaron dous podios nos campionatos provinciais de Voleibol, e veñen ademais de gañar un concurso Escolar promovido polo Parlamento de Galicia en materia de igualdade.
Premio á igualdade
O xurado encargado de seleccionar aos gañadores e finalistas do Concurso Escolar 2014-2015 do Parlamento de Galicia acordou, por unanimidade, a concesión dos galardóns a centros educativos de Cee, O Porriño e Marín, mentres que resultaron finalistas alumnos/as de Cee, Castrelo de Miño e Negreira.
Baixo o lema “En busca da Igualdade”, un grupo de 4 alumnas do 2º ciclo de educación infantil (aula de 4 anos) do Manuela Rial (Irene Domínguez Rodríguez, Leire Fernández Vaquero, Alexia Freire Lozano e Noa Trasmonte Quintela baixo a tutela da mestra Pilar Fernández Santamarina) presentaron o deseño dunha camiseta de Igualdade, e o xurado, por unanimidade, decidíu entregarlles o primeiro premio. Pero ollo, que na aula de 5 anos os peques ceenses (Noa Martínez Outes, Daniel Lamela Bouzas, Pablo Taboada Prieto e Ainara Varela Fernández baixo a supervisión da mestra María José Traba) tamén levaron o premio polo seu relato curto. Este é o conto gañador:
A entrega dos premios desta V edición do Concurso Escolar do Parlamento, celebrarase na sede do lexislativo galego o vindeiro 12 de xuño.
E son bos premios, como unha táboa dixital e un lote de libros para cada alumno ou alumna); e un segundo premio para cada un dos grupos finalistas (MP5 e un lote de libros para cada un dos alumnos e alumnas). Ademais, as clases dos grupos gañadores recibirán como premio unha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia. E o centro educativo de cada grupo gañador recibirá 2.000 euros para destinar á organización de actividades extraescolares ou da biblioteca escolar.
Campións en Voleibol
Este fin de semana disputaronse en Noia os campionatos provincias de voleibol nas categorias benxamin mixto e alevin tanto femenino coma masculino onde os rapaces do colegio Manuela Rial Mouzo acadaron o campionato en benxamins e o 3º posto nos alevins mixto.
Os benxamíns, despois de clasificarse coma primeiros na fase de grupos disputaron a final ante Boiro o que venceron por 2-1.
Os alevíns, que na fase de grupos quedaron cuartos cruzáronse nas semifinais ante Zalaeta co que perderon por 2-1 e tiveron que disputar o partido polo tercer posto ante Calasancias de A Coruña o que venceron por 2-1. Con este resultado o equipo alevín xogara este domingo en Lugo o Campionato Galego Alevín, campionato que non exite en categoria benxamín.
Por último, as rapazas do equipo alevín na fase de grupo quedaron en 4ª posición.
3 campións provinciais para o Manuela Rial
Excepcional foi a participación do Olimpia dos Galegos e Provinciais de Ateltismo. Pero é que a participación costeira non quedou aí. A familia ceense do Colexio Manuela Rial Mouzo volveu dos Campionatos Provincias con 3 medallas de ouro e 8 en total.
O pasado sábado día 30 de maio, celebrábase nas pistas de atletismo da Malata en Ferrol o Campionato Provincial de atletismo en pista, e alí acudía o Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee cun total de 19 atletas clasificados. Os resultados ao finalizar a xornada non podían ser máis satisfactorios, xa que lograrían un total de 8 medallas, 3 delas de ouro, repartidas do seguinte xeito:
- Anxo Canosa: Dobre Campión Provincial de lanzamento de peso e en lanzamento de pelota alevín.
- Irene Ramón: Campioa Provincial en 1 km. marcha benjamín.
- Xabier Larrañaga: Dobre Subcampeón Provincial en lanzamento de martillo e en lanzamento de disco infantil.
- Yamila Lago: Dobre medalla de bronce en lanzamento de peso e lanzamento de pelota alevín.
- Sergio Castro: Medalla de bronce en lanzamento de disco infantil.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).