![andainas-cee-1]()
Máis de 300 persoas participaron no roteiro do pasado sábado polo concello de Cee Imaxe: Pablo Álvarez
Unhas 300 persoas participaron o pasado sábado no programa de
Andainas Coñece a Costa da Morte; un programa no que participan os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Mazaricos, Ponteceso e Vimianzo que xa vai pola súa 6ª edición.
A "melloría" climatolóxica do sábado animou aos participantes a facer este roteiro circular de 13 "duros" quilómetros de distancia. Os tramos de maior dificultade compensaron coas panorámicas que agochaban e que para a maioría dos camiñantes eran totalmente descoñecidas.
![andainas-cee-2]()
Entre os camiñantes hai veciños e veciños da Costa da Morte e tamén doutros puntos de fóra da comarca. Imaxe: Pablo Álvarez
O roteiro, que se dividiu en dúas partes, discorreu en parte pola monte de Gures onde as curiosas formas dos seus penedos se misturan coa paisaxe a través da cal se divisan puntos como o cabo Fisterra, o faro de Cee, as illas Lobeiras, O Pindo ou O Ézaro. Unhas vistas que sorprenderon aos camiñantes e incluso aos propios organizadores por ser unha zona descoñecida a pesar de estar en condicións de ser transitada.
![andainas-cee-3]()
O roteiro, de 13 quilómetros, realizouse en catro horas. Imaxe: Pablo Álvarez
Outro dos puntos, ainda que máis coñecido, que chamou a atención dos participantes foi a
praia de Caneliñas coa súa peculiar historia que agocha en relación ás baleas.
![andainas-cee-4]()
Os camiñantes colleron folgos na praia de Caneliñas. Imaxe: Pablo Álvarez
Sen ningunha incendencia que lamentar e cunha boa tasa de participación, a organización pensa xa na próxima cita.
![andainas-cee-5]()
O bo tempo do sábado pola mañá axudou a que os participantes desfrutaran da paisaxe. Imaxe: Pablo Álvarez
Próxima cita
![]()
A próxima andaina é o sábado, 21 de abril, e discurrirá polo
concello de Dumbría ao redor do río Alvarellos. Éste é un roteiro circular no que poden participar todos aqueles interesados. Para iso, deben poñerse en contacto cos concellos de Cee, Dumbría, Ponteceso, Camariñas, Corcubión, Muxía, Mazaricos e Vimianzo antes do xoves ás 13 horas.
A ruta arrinca da praza de Berdeogas para adentrarse no cauce do río Alvarellos que será o que conduza aos camiñantes a través de toda a parroquia.Visitarase o punto máis alto municipio, sinalado por un vértice xeodésico, situado na estación marítima do Chan das Lagoas, onde se atopa un dos mellores radares do mundo. Atravesando a presa da Laxe a andaina rematará descubrindo a carballeira, na que se atopa a devesa da Lúa.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).