Jose Olveira, novo presidente do Club Náutico de Camariñas

Despois de varios procesos electorais, o novo Presidente da Xunta Directiva do Club Náutico de Camariñas, é José Manuel Olveira Pérez. O que leva sendo 8 o secretario do club comanda agora a candidatura gañadora e toma o relevo na presidencia.
Dentro da candidatura e nos postos relevantes da mesma, se encontran como Vicepresidente e Vogal de Actividades Sociais e de Relaciones Públicas, José Antonio Antelo García. Como Secretario e Comodoro estará Alberto Luaces Vidal que conta xa cunha gran experiencia o levar tamén máis de 8 anos como directivo do Club, e como Vogal de Vela e de infraestructuras e mantemento estará Gabriel González Zurdo. Tamén estarán acompañando como directivos, Alberto Ayora Pais, Pablo Lago Vigo e José Manuel Canosa Romar.
Retos
A nova Xunta Directiva plantea grandes desafíos para o futuro, como a incorporación de socios/as xóvenes para que a entidade siga facendo historia, tendo en conta que o vindeiro ano cumplirá de 35 anos.
Buscarán tamén compensar "a chegada de menos barcos anualmente debido a múltiples factores como a problemática das orcas que está causando un gran dano no paso dos barcos polas nosas costas, e que onde teremos que ser imaxinativos creando novas opcións de ingresos a través de patrocinios e creando actividades e eventos de diversa índole ao longo de todo ano, dando así a entidade todo un carácter dinámico no ámbito social, cultural e económico e configurándose como en todos estos anos da súa historia de gran relevancia para a imaxen de Camariñas e por ende da Costa da Morte".
O novo Presidente, agradece "o compromiso dos socios que participan na Xunta Directiva, posto que formar este equipo foi fundamental para que o Club Náutico de Camariñas siga o seu camiño, que no caso de non chegar a asumir esta responsabilidade a continuidade da entidade non estaba asegurada". Por elo, dende a Presidencia e Xunta Directiva se lle pide aos socios/as que "se impliquen na medida das súas posibilidades e que aporten as súas opinións e críticas constructivas para que entre todos podamos seguir facendo un gran Club Náutico e seguir facendo historia como fixeron os socios fundadores naquel ano de 1991, que con todo sacrificio pola súa parte conseguiron dar vida ao Club Náutico. Nas mans de todos/as nós está seguir adiante".
Sesión de baile
Entre as primeiras actividades, este vindeiro 25 de outubro, terá lugar no salón do club unha sesión de baile para os socios/as e acompañante co fin de poder animarse neste inicio de outono e en caso de que o evento sexa satisfactorio e con unha boa participación de socios/as, terá continuidade nos vindeiros meses de outono e inverno e sin que coincida con outros eventos e bailes en Camariñas