#8demarzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza ca nunca


Día de frío, vento e auga, que non impediu que a Costa da Morte saíse á rúa. Este 8 de marzo, as concentracións polo Día Internacional da Muller foron máis numerosas ca nunca, para demostrar que o feminismo non ten etiquetas, e que a Costa da Morte tamén está implicada nesta loita global social que desbordou a rúas de todo o estado. Así o demostrou ao longo do día cun inaudito seguemento da folga en todos os sectores, e así o demostrou nas mobilizacións que se viñeron dando ao longo do día en Cee, Carballo, Laxe ou Muros.
A praza 8 de marzo de Cee

Un dos grandes centros da loita feminista, a praza 8 de marzo de Cee, volvía recibir unha doble visita. Pola mañá un cento de persoas comezaban o seu paro de dúas horas achegándose á concentración convocada pola CIG.
Xa ás 20:00h, entrada a noitiña, tocáballe ocupar a praza ao acto máis simbólico, o organizado pola única organización feminista, da bisbarra, as Buseranas. Moitísima xente respondeu, de todas idades, e chegados de Cee, Corcubión, Vimianzo, Fisterra, ata de Laxe... Co lema “Feminismo para avanzar. Xuntas nunha mesma loita”, unha decena de bravas buseranas leron un comunicado unitario :
https://www.facebook.com/stoupatendaturistica/videos/1989209044738707/?t=1
Concetración en Muros

Numerosísima, a pesar da chuvia, a concentración que tivo lugar no Curro da Praza ás 12:00h. Cun especial protagonismo para unha alcaldesa que secundou a folga, a parroquia muradá demostrou que esta é a súa loita.

Carballo
Ateigouse o Concello de xente no paro das 12:00h. A concentración carballesa puxo de manifesto a implicación da veciñanza bergantiñá.

Laxe, epixentro

Convertiuse Laxe noutro dos epicentros da loita feminista. Primeiro tocaba inaugurar a exposición "Femme" co autor Senén Ínsua que permanecerá exposta no salón de plenos da casa do concello ata finais de mes.

O acto principal tivo lugar diante do Concello, da man das asociacións como Asociacións Petón do Lobo, Cova Crea, Ouriol do Anllóns e Contraminate, e co apoio municipal, que saíron á rúa para ler o seguinte manifesto:
Asociacións da Costa da Morte e Bergantiños apoian a Folga Xeral Feminista do 8M. O 8 de Marzo, as mulleres galegas estamos convocadas á FOLGA FEMINISTA MUNDIAL. Celebramos a alianza entre mulleres para defender os nosos dereitos. A nosa unión foi a que conseguiu grandes vitorias. Con todo, sabemos que queda moito por facer. Esiximos que a defensa da vida e dos coidados se sitúen no centro da economía e da política.
En Bergantiños, muller e terra van da mán, pero nos derradeiros anos se está a producir unha febre desatinada e ambiciosa desde o goberno e os poderes fácticos dirixida ao acaparamento de terras agrícolas, nunhas condicións de auténtico espolio, empobrecemento do rural e sen retorno social para as persoas, como é o caso dos plans enerxéticos e de minaría.
Por outra banda, queremos que os homes en xeral comprendan dunha vez que o traballo doméstico e de coidados que facemos as mulleres é imprescindible. Coa folga de coidados, damos visibilidade a un traballo que ninguén quere recoñecer, na casa, no campo ou no mar, porque está mal pagado ou forma parte da economía somerxida.
Queremos políticas feministas, que respeten os recursos: a terra, o mar, o medio natural e os dereitos humanos e animais. Reivindicamos unha sociedade libre de opresións, de explotación e de violencias machistas. Chamamos á rebeldía e á loita fronte á alianza entre o patriarcado e o capitalismo que nos quere dóciles, sometidas e pobres.
ABONDA de discriminación salarial polo feito de sermos mulleres, de menosprezo e de acoso no ámbito laboral. ABONDA de infra-empregos nos talleres, supermercados e bares nunha comarca onde a presenza da muller na industria é minoritaria e subalterna.
ABONDA a invisibilidade da muller labrega, sostén da economía familiar!
Os nosos corpos non son mercadoría nin obxecto, e por iso, tamén facemos folga de consumo. Xa abonda de ser utilizadas como reclamo! (BASTA de mamoneo nas ofertas de traballo!)
O movemento feminista esixe o noso dereito a unha educación pública, laica e feminista, libre de valores heteropatriarcais desde os primeiros treitos educativos, nos que as profesoras somos maioría.
Dicimos ABONDA ao racismo e a exclusión. Berramos ben alto: non ás guerras e á fabricación de material bélico!
Esiximos a acollida de todas as persoas migradas, sexa polo motivo que for. Denunciamos a inxustiza que implica ser nacida nun punto conflitivo deste mundo. Somos mulleres libres en territorios libres!
VIVAN A FOLGA DE COIDADOS, DE CONSUMO, LABORAL E EDUCATIVA! VIVA A FOLGA FEMINISTA!
8 de marzo
- Como secunda a Costa da Morte a folga feminista?.
- A Costa da Morte, máis implicada que nunca no #8deMarzo.
Novas do 8demarzo
- Laxe escribe marzo con M de Muller.
- As Buseranas animan a participar na internacional folga de mulleres do 8 de marzo:
Outras novas relacionadas
- Buserana: “Ser muller non é delicto. Tampouco no Nadal”.
- Repaso ao 25N-2017: A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas.
- O alumnado de Camariñas di NON ás Violencias Machistas en clave audiovisual.
- Zas súmase ao pacto das Buseranas para loitar contra a violencia de xénero.
- 10-11-17: 15 concellos da bisbarra aprobaron ou teñen previsto facelo a moción de Buserana por un pacto contra a Violencia de Xénero
- 03-07-17: O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana.
- 16-06-17: Buserana propón aos Concellos da bisbarra asinar un Pacto contra a Violencia de Xénero.
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)