venres. 26.06.2026
El tiempo

Fin de semana única nas eiras e nas prazas de Brens

Eira do Roxo de Raso-Cee 1
Eira do Roxo
Fin de semana única nas eiras e nas prazas de Brens

Esta fin de semana será espectacular e inesquecible para a parroquia de Brens. A familia da SDC Brens levará a música a unha praza e a unha Eira para o disfrute de toda a xente da parroquia.

O sábado, ás 21:00h na praza das Aritas estará un grupo de Muxía “Pa Feira co que temos”, que dará moito que falar polo seu bo facer. 

O domingo, tamén ás 21:00h, ás pandereteiras de "Chan das Lamas" de Quilmas, tocarán na Eira do Roxo, en Raso, un deses lugares míticos das aldeas, onde agora tamén se pode escoitar música.

Eira do Roxo de Raso-Cee
Praza das Aritas

Finde do curso

Sesion en Brens charla sobre ornitoloxía na que o profesor Manuel Carande
Sesion en Brens charla sobre ornitoloxía co profesor Manuel Carande

Dende Brens darán pechado así o curso, destacando entre as últimas actividades a magnífica charla sobre ornitoloxía co profesor Manuel Carande. Tamén recibiron o grandísimo grupo de teatro Talía coa súa obra "A parábola do sargazo" dando así por remata a triloxía empezada hai 3 anos sobre o uso da lingua galega na sociedade, tan de actualidade. O teatro gusta e moito en Brens como se pode ver na foto.

Talia Teatro en Brens
Talia Teatro en Brens

Comentarios