Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Anpa "Vila de Cee" estrea directiva

Actuamente a ANPA Villa de Cee ten máis de medio cento de familias socias
A Anpa "Vila de Cee" estrea directiva

A Anpa do CEIP Vila de Cee comeza o curso estreando directiva que trae "forzas renovadas, moita ilusión e ideas novas de cara o curso 2023-2024". E tanto é así que dende o pasado mes de xullo xa están traballando para poñerse ao día co apoio da anterior directiva, á que agradecen todo o traballo realizado.

Actualmente hai máis de medio cento de familias socias e contan que o número se incremente a partir do próximo luns, día que no que comezan as clases. "Animamos a todas as familias do CEIP Vila de Cee a asociarse para poder contar co apoio suficiente para levar adiante todas as propostas e ideas que teñen en mente", indican dende a nova directiva.

Outra novidade é que para facilitar a conciliación tanto da directiva como dos socios, este ano poderase facer todo a través de Internet (asociarse, apuntarse en extraescolares, consultar información…). Para iso teñen xa en funcionamento a nova web anpaviladecee.ese están tamén moi activos nas redes sociais, tanto en Facebook (Anpa Uxio Cee) como en Instagram (@anpaviladecee), onde as familias poden estar ó día de todas as novidades do centro e outros temas de interese. 

Comentarios