A ANPA do Eugenio López volve solicitar a xornada única


Este vindeiro 29 de abril, hai xornada de votacións no CEIP Eugenio López. Levan xa 2 anos dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos, pelexando por conseguir un cambio de horario lectivo, e que a xornada quede única, non partida.
Tras repetidas solicitudes por parte dos pais,recibidas pola ANPA UXIO, esta disponse en colaboración do profesorado a recuperar o proxecto de solicitude da Xornada Única. Facendo como primeiro paso un sóndeo entre os pais e nais con motivo de coñecer o desexo da maioría. E a resposta foi clara: a xente prefire un horario de 9:30 a 14:30 e de 14:30 a 15:30, que ata as 17:30.
Así, e unha vez que contan co apoio e colaboración da alcaldesa, e co informe positivo por parte da Consellería de Transporte, arrinca unha xornada de Votacións que se levarán a cabo o martes 29 de abril 2014 nas instalacións do centro, onde os pais e nais procederán a exercer o seu dereito a decidir. As votacións realizaranse no horario de 9:30h a 17:30h, precisamente o horario que se quere modificar.
Novas relacionadas
- A Fedanpa celebrou o seu primeiro ano de vida cos premios Rosalía e Werto.
- A Anpa Uxío negocia co Concello de Cee.
- Un camión de tapóns solidarios dende a Costa da Morte para Matías.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).