A balea morta de Caneliñas
Incrible lugar o que temos na Costa da Morte. Baixar esa empinada estrada, rodeada de rochas graníticas típicas do Monte Pindo, chegar ata a pequena praiiña e ata ese portiño destrozado polo último temporal, permírteche respirar. Esta incrible paraxe respira natureza e historia por todas as súas costas. Pero así e todo dá pena achegarse por Caneliñas.
Non hai moitos anos (no 1985) dende que a baleeira de Caneliñas foi a última de toda o estado de funcionar como tal. E tal cual quedou.
As instalacións da fábrica esmorecen. As naves continúan en pé, como poden, cheas de lixo. Os excrementos de cabalos ou burros conviven coas barbas de balea que apodrecen espalladas polo chan. Hai quen as recicla para facer arte, pero parece que pouca saída deben de ter se aló seguen. A ferruxe tomas as contras, a auga asolaga as partes máis baixas das naves, a humidade tira tabiques humedecidos, as polillas comen os corchos... As baleas están mortas.
Lamentamos o estado de abandono do lugar, dende logo, e nos gustaría a súa recuperación, a creación dun museo in situ (onde mellor) ou un deses famosos centro de coñecemento (moito máis sentido que un da electricidade na Costa da Morte, non?). Pero o que si non aceptaríamos é que as feroces intencións urbanísticas de alguén non acaben con este lugar, argumentando que se trata dunha "zona deprimida". Deprimidos estaríamos se un acabara con esta riqueza natural e etnográfica.
Novas edificacións
Cómpre facer un engadido sobre as novas casas habitadas da zona. Se ben hai un par de anos só sobrevivía aló Fina, unha brava señora que antigamente traballaba na baleeira e que agora vende os seus produtos da casa no mercado dominical de Cee, a día de hoxe xa se pode ver algo máis de movemento. Varios galpóns foron reconvertidos en vivendas, e con gusto ademais. A madeira toma protagonismo e a realidade é que parece que lle recobran a vida a zona. Pero hai casos máis graves.
A casa do fillo do ex alcalde ceense Antonio Domínguez rompe completamente a unidade do lugar. A súa desaforada dimensión colonialista, os muros de cemento, a piscina e o tremendo espazo que ocupa contaminan toda a zona dun xeito terrible. A Lei de Costas non existe neste lugar para quen pode sorteala.
Non só esta edificación está completamente fóra de lugar. A casa do cura de Cee loce no cumio da zona, vixiando o fermosísimo lugar de Gures coma antano.
Uns cantos vídeos
Sen máis, aí vos deixamos con algo de contido audiovisual sobre a fábrica.
Novas relacionadas
- Unha balea apesta Muros.
- Presentado o proxecto hostaleiro para Caneliñas .
- Xornadas de Pesca do Pindo: As baleas tomaron O Pindo .
- Cee acolleu a presentación dun libro sobre a caza de baleas .
- As barbas de balea do pintor reciclado.
- Recunchos da Costa: A antiga baleeira de Caneliñas.
Artigos relacionados
- Que pasou na Costa: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
- Que pasou na Costa: A Época Moderna (5ª parte). Os perigos do mar.
- Que pasou na Costa: A Época Moderna (6ª parte). O litoral a mediados do XVIII: a Matrícula de mar e a chegada dos fomentadores cataláns (I).
- Que pasou na Costa: A época moderna (7ª parte): O litoral a mediados do XVIII: a pesca da sardiña e o asentamento dos fomentadores cataláns (II).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).