Luns. 01.06.2020
El tiempo

A Biblioteca de Cee recupera a Rosalía

A Biblioteca de Cee recupera a Rosalía
Mostra de Rosalia de Castro na Biblioteca de Cee Mostra de Rosalia de Castro na Biblioteca de Cee Desde o luns 19 de febreiro e ata o xoves 1 de marzo a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee acolle unha mostra bibliográfica de obras de Rosalía de Castro, para conmemorar o 181 aniversario do nacemento (24 de febreiro) da nosa escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. Son 68 libros impresos do fondo bibliográfico da biblioteca ceense, os que integran esta exposición na que se pretende amosar o legado cultural que deixou a gran poetisa, Rosalía de Castro.

Programa por Rosalía

A mostra completa un ambicioso programa cultural. Febreiro para Rosalia en Cee

comentarios