Vernes. 19.04.2019
El tiempo

A Biblioteca de Cee xa ten gañadores dos seus Certames Literarios

A Biblioteca de Cee xa ten gañadores dos seus Certames Literarios
Fotos de Rafa Quintáns O pasado mércores 16 de maio fíxose entrega dos premios aos gañadores dos concursos literarios que convoca cada ano a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán" do Concello de Cee. Unha cita emotiva cos vencedores dos XXVII Concurso Literario de Achegamento ó Libro, do Concurso "Na procura do noso VII Cómic" e do XIV Concurso "En busca do noso Marca-páxinas”. Uns concursos que teñencomo obxectivos fundamentais, fomentar a creación literaria, promocionar a lectura e facilitarlle aos nenos da nosa Comarca canles de expresión creativa na nosa lingua, para desta maneira contribuír a crear unha sociedade onde o libro e a lectura en lingua galega teñan un papel destacado entre a nosa xuventude. Uns concursos que recibiron este ano 227 obras presentadas (6 comics, 92 marcapáxinas e 129 relatos). Con estes, nos 27 anos de vida (1992-2018) destes certames contabilízanse a día de hoxe un total de 7.199 traballos presentados. Fotos de Rafa Quintáns

Os premiados

O xurado, composto por José Ramón Rey Senra, Técnico da Biblioteca “Francisco Mayán” do Concello de Cee; Teodomiro Lamela Rodeiro, Responsable das Axencias de Lectura de Ameixenda e Brens; Patricia Mouzo Quintáns, Educadora Familiar do Concello de Cee; e Victor Manuel Castiñeira Castro, Técnico de Cultura do Concello de Cee, decidiu estes vencedores.

XXVII CONCURSO LITERARIO DE ACHEGAMENTO Ó LIBRO

A obra gañadora do 1º e 2º Curso de Primaria foi: “E a Martín gustoulle ler” de Irene Domínguez Rodríguez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras: - “O libro máxico sen debuxos” de Noa Trasmonte Quintela, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. - “A doutora de libros” de Ana Sambade Sambade, do C.E.I.P. A Igrexa – Brens. - “O día da paz é mellor falar que pelexar” de Daniela Muiño Márquez, do C.E.I.P. Virxe da Barca de Muxía. - “A nena a que lle encantaba ler” de Irene Gónzalez Marcote, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

 A obra gañadora do 3º e 4º Curso de Primaria foi: “O tren” de Manuel Fernández de Larrinoa Deus, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras: - “Sopa de letras” de Lucía Caamaño Cespón, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. - “O gran libro das letras” de Sheila Núñez Pérez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

A  obra gañadora do 5º e 6º Curso  de Primaria foi: “A aldea perdida” de Daniel Noya Busto, do Colexio “Eugenio López” de Cee..

Recibindo accésit a obra: - “Revolución nos contos” de Irene Ramón Fernández, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

 

CONCURSO “NA PROCURA DO NOSO VII CÓMIC”

obra gañadora foi: “Coa axuda dos libros gustaríame…” de Claudia Castro Rodríguez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

    

XIV CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS”

obra gañadora foi: “Cee le” de Hugo Roget Domínguez, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

Recibindo accésits as obras: - “Se les, gañarás”, de Saúl Cives Quintáns, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee. - “Un libro levache voando á mellor das aventuras” de Diego Soto Riera, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

 

Novas relacionadas

Comentarios