Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A borrasca Ana deixou refachos de 155 km/h e ducias de árbores caídas

A borrasca Ana deixou refachos de 155 km/h e ducias de árbores caídas
Retirada de arbore do GES de Muros Unha retirada de árbore do GES de MurosRetirada de arbore do GES de Muros Unha retirada de árbore do GES de Muros

Deixou a súa pegada a borrasca Ana esta pasada fin de semana. Sen maior importancia que os temporais de toda a vida, o 112 rexistrou máis de 300 incidencias durante a pasada madrugada e unhas 1.100 en pouco máis de día e medio. Mesmo a Federación Galega de Fútbol suspendía todos os partidos dende as 15:00h do domingo, unha vez que os ventos rexistrados meteron algo de medo. 155 km/h en Malpica (a terceira de todo o estado por detrás dos 192 de La Rioja e os 166 de Estaca de Bares) e os 148 do Cabo Fisterra así o corroboran.

Haberá que esperar polo seguinte Boletín Hidrolóxico para ver como este temporal afecta á seca. Pero a realidade é que deixou numerosas incidencias na bisbarra, destacando a caída de árbores sobre casas e estradas. Por Muros, o GES tivo unha “xornada complicada con balsas de auga, cortes de vías, caidas de tendidos eléctricos, teitos, chimeneas, etc…” En todo caso, recoñecen que foi unha xornada “positiva xa que non temos existencia de feridos por mor do temporal que esperamos a volta a normalidade en próximas horas”.

Saídas de vía

Esta mañá de luns rexistráronse varias saídas de vía na AC-400 que une Santa Comba e Mazaricos. Unha estrada que estaba practicamente conxelada.

Árbores caídas

Polo sur da bisbarra, o GES tivo que acodir a recoller árbores e abrir a 4501 na estrada que vai do Pino do Val a Outes; en Taxes, en Ceilán, na Alevía e en Cando. En Outes caía tamén un cheminea e un teito, e en Bornalle un tendido eléctrico caía sobre a vía.

Ademais, tiveron que acodir á AC-450 ao seu paso por Outes por anegamento, (igual que na Alameda de Louro, no portiño) e en varios puntos da AC-550 por balsas de auga.

Os Bombeiros de Cee tamén tiveron choio. Dende as 18:00h da tarde do domingo tiveron que acodir a retirar árbores a Berroxe, Brens, onde tamén rompeu os cables do alumeado público; á Pontenova, na estrada de Pereiriña a Touriñan; a Porcar, en Cee, para eliminar unha árbore que cortaba por completo unha das estradas que da acceso o lugar de Porcar dende San Xose de Pereiriña; a Sembra, en Cee, solicitados pola Policía Local de Cee para retirar tres arbores que cortaban parcialmente a estrada de Cee a Lires o pasar o antigo matadoiro no lugar de Sembra.

Ademais, xa de madrugada, case ás 2:00h da mañá do domingo para o luns, tiveron que acodir á estrada de Calo a Pasarela no concello de Vimianzo para retirar unha arbore que ocupaba un carril na estrada que comunica os dous lugares.

Outras incidencias

En Santa Comba, Protección Civil, ademais de retirar varias árbores cos Bombeiros, tamén acodiron ao derrubo dun muro na Avda. Santiago.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios