Luns. 20.05.2019
El tiempo

Cee e Ponteceso expoñen as obras de Manuel María

Cee e Ponteceso expoñen as obras de Manuel María
Un total de 36 libros de Manuel María compoñen a mostra situada na biblioteca municipal Un total de 36 libros de Manuel María compoñen a mostra situada na biblioteca municipal A Costa da Morte comeza a celebrar o día das Letras Galegas. Por este motivo a biblioteca pública municial "Francisco Mayán" situada na casa da Cultura de Cee acolle ata o vindeiro 30 de maio unha mostra bibliográfica sobre Manuel María, o autor conmemorado este ano despois que o Real Academia Galega o decidise no seu plenario 4 de xullo de 2015. Dez carteis informativos editados pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia e 36 libros do fondo bibliográfico da biblioteca municipal do concello de Cee, integran esta exposición na que se pretende amosar a vida e o legado cultural que deixou o polifacético escritor chairego. Por outra parte, o Servizo de Normalización Lingüística de Cee organiza unhas sesións de contactontos para os máis pequenos do libro "O bigote de Mimí" de Manuel María. Unha das sesións terá lugar mañá na escola unitaria de Pereiriña ás 10.30 horas e o venres na escola unitaria de Brens á mesma hora. Ponteceso "Beleza, amor e compromiso" é o título da exposición adicada a Manuel María que acolle ata o vindeiro 24 de maio a biblioteca municipal de Ponteceso. A área de biblioteca do concello pontecesán, dirixida polo nacionalista Carlos Penedo, pretende con esta mostra sumar esforzos para o recoñecemento do poeta da Terra Chá, persoa comprometida co país e coa lingua que moi fachendoso se había sentir de que fose este precisamente o ano escollido, no centenario do nacemento das Irmandades da Fala e do nacionalismo galego co que se sentiu identificado ata o final dos seus días e eixo fundamental do seu pensamento e da súa obra literaria. Novas relacionadas Fonte

Comentarios