Xoves. 25.07.2024
El tiempo

A CIG exise una tarifa eléctica galega que manteña o tecido industrial e o emprego

A CIG exise una tarifa eléctica galega que manteña o tecido industrial e o emprego
O vindeiro mércores, 17 de decembro, ás 20:00 horas terá lugar no salón de actos do Concello de Cee unha asamblea informativa sobre o funcionamento do sistema eléctrico e a interrumpilidade a cargo de Fernando Blanco, membro da executiva CIG-Industria e que está aberta a toda a cidadanía. Esta convocatoria enmárcase dentro da campaña de movilizacións nas industrias galegas con grandes consumos enerxéticos e nos concellos onde se asentan para demandar unha tarifa eléctrica galega que facilite o mantemento da actividade do tecido industrial galego así como dos empregos que dependen del. A campaña, promovida pola CIG, desenvólvese tamén na Costa da Morte debido a que Ferroatlántica é unha das empresas afectadas polo novo sistema de interrumpilidade. Con estas accións informativas e  mobilizacións, a CIG pretende abrir un debate político e social sobre a necesidade e a urxencia dunha enerxía máis barata que beneficie tanto ós cidadáns como ós sectores productivos básico. Caso Alcoa Por outra banda, para o xoves 18 de decembro está convocada unha concentración en solidaridade cos empregados de Alcoa e pola retirada do sistema de poxa anual para a adxudicación da interrumpibilidade que afecta de forma negativa á industria e, por consecuencia, aos empregos.

Comentarios