Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A cobertura esquecida de Lires

A cobertura esquecida de Lires
Lires non ten television dende hai mais dunha semana Lires non ten television dende hai mais dunha semana Sen cobertura no monbil en Lires A falta de cobertura nos móbiles xa é un tópico en Lires Cunha cobertura telefónica escasa que provoca que moitas veces non se poidan manter conversas tranquilas polo móbil. Cun 3G daquela maneira. Cunha conexión a internet nas casas que lembra aquel “adls rural” de comezos de século, con constantes cortes. O que lle faltaba aos veciños de Lires é non ter televisión… Pois levan máis dunha semana sen televisión. Os veciños, ou os visitantes das casas rurais prenden a TVE, ou a TVG, e non sae nada. “Os veciños están fartos”, sinala un dos afectados da vila. Unha gran cantidade de veciños que xa chamaron ao concello para manifestar as súas queixas, e non saben sen dende o Concello non hai capacidade de reacción ou que simplemente non hai preocupación ningunha por esta esquecida parroquia. Esperan que pronto se tomen solucións a un problema herdado dende hai anos para o que non se toman medidas.

Novas relacionadas

Comentarios