mércores. 30.04.2025
El tiempo

A comunicación chega da Universidade á Periferia coas Aulas Costa da Morte

A comunicación chega da Universidade á Periferia coas Aulas Costa da Morte
Volven as Aulas Costa da Morte coa Comunicación como tema principal

Sempre é importante que o coñecemento se achegue á periferia, como contabamos o pasado 2011 coas Aulas Costa da Morte. Esta vindeira fin de semana repetiranse na zona estes foros de debate que achegan o saber das Universidades ás zonas rurais, onde o saber tarda máis en chegar por mor das malas ingraestruturas de comunicación.

A UDC artella para estes xoves 21, venres 22 e sábado 23 de marzo, a VI Edición das "Aulas Costa da Morte", que se desenvolverán en Zas (Torres do Allo), Laxe e Cee. Unhas xornadas que pretenden descentralizar o coñecemento así como analizar o noso contexto social e económico.

Naquel 2011, os dirixentes da comarca aprenderon o significado da palabra sostibilidade, malia que parece que de moito non serviu. I é que precisamente estes foros teñen como finalidade chegar ás xentes que mandan, que toman decisións na nosa bisbarra.

Este ano o ciclo de conferencias que prantexa o organizador Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial “ Xoan Vicente Vikeira, da Universidade da Coruña, trara sobre a "Información, comunicación, risco e Vulnerabilidade", analizando os "aspectos sociais, políticos e ambientais" da nosa bisbarra.

Será o máximo organizador, o baiés Ricardo Mira, Catedrático de Psicoloxía Social, o que abra as ponencias o xoves ás 20:00h nas Torres do Allo, falando de desigualdade de xénero xunto a Isabel Lema Blanco.
O venres, tamén ás 20:00h pero no Hotel Playa de Laxe falarán Aurora Puentes, Bióloga, Catedrática no IES Terra do Xallas de Santa Comba; Adina Dumitru, Profesora Axudante, Universidade de Timisoara (Rumanía) e Investsigadora do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, Universidade da Coruña; e Ramón Maiz, Catedrático de Ciencia Política, Universidade de Santiago de Compostela.
E para o sábado, no Concello de Cee, a partir das 12:00h, a última sesión de debate con José Leira, Sociólogo, Profesor Titular da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña; Luis Fermín Rodríguez, Filósofo, Teólogo, Médico, Químico e Físico. Presidente da Comisión-Sección Técnica de Estudio do Colexio de Químicos-ANQUE de Galicia; e María Canosa, Escritora e Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos.

Máis información e inscrición

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios