Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A corporación municipal de Cee rexeita a construción dunha fábrica na Sicar

A corporación municipal de Cee rexeita a construción dunha fábrica na Sicar
Os vellos Asteleiros da Sicar poderían acoller unha nova factoría

Complexa a disxuntiva á que se enfronta a corporación do Concello de Cee. Portos viña de propoñer a construción dunha factoría de tubos xigantes na zona dos vellos asteleiros da Sicar. Ao parecer, unha empresa norueguesa sería a responsable da construción de dúas naves, coa necesidade de facer un novo recheo. A idea de Portos é a de dinamizar o porto de Brens ademais de xerar outros 15 postos de traballo directo.

O pleno da corporación debatía onte a conveniencia da construción. E o pleno dixo que non. Só o teniente alcalde daba a súa aprobación mentres que alcaldía e oposición aprobaban enviar unha carta con alegacións ao proxecto.

Un escrito no que o Concello ceense solicita a Portos a reconsideración do uso desa zona, unha vez que consideran que toda esa parte da ría debería ser empregada para o desenvolvemento urbanístico. Ademais, apuntan que as naves crearían unha barreira que cortaría o paseo defintivamente.
Parece pois que a expansión do núcleo urbanístico é unha idea que convence máis á corporación municipal que o desenvolvemento industrial.

Os vellos Asteleiros da Sicar poderían acoller unha nova factoría

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios