Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén garda un minuto de silencio por Gaza

A Costa da Morte tamén garda un minuto de silencio por Gaza
Un-minuto-por-Gaza-e-Palestina-en-Cee

Sorprendente a numerosa convocatoria que congregou na noite de onte, a case un centenar de persoas na Praza 8 de marzo de Cee para gardar un minuto de silencio por Gaza e Palestina. I é que o conflito está tendo de novo tintes terribles e a poboación, mesmo na Costa da Morte, está a flor de pel.
Así, o importante é o símbolo de que en centos de lugares en todo o mundo están tendo lugar estas concentracións contra a eterna ocupación israelí.

Chegaron xentes de toda a bisbarra (Muxía, Fisterra, Camariñas, Carnota, Caldebarcos, Corcubión, Cee, Vimianzo...) chamados pola convocatoria de COSAL Costa da Morte, e mais da CIG e o BNG, que neste caso se sumaron á súa difusión.

Foi Chicha Martínez, do COSAL, a que leu un comunicado de urxencia, pois onde os medios masivos vén unha escalada de violencia dos dous países, a sociedade mundial ve auténtico crímenes de guerra.
Así, mentres Israel debate se invade por terra e a base de tanques un espazo máis pequeno que a Costa da Morte, con 1.5 millóns de persoas encerradas, o mundo enteiro mira dende a barreira botando culpas en plural.

Carta Urxente de COSAL Costa da Morte por Gaza

Chicha-Martinez-de-Cosal-lendo-un-comunicado-de-urxencia-por-Palestina

Queremos comezar esta concentración en apoio á poboación de Gaza lendo unha carta de Rayi Surani, Director do Centro Palestino de Dereitos Humanos en Gaza.

“Hoxe en Gaza estamos agardando a vindeira fase da ofensiva israelí. Tras cinco días de ataques, as rúas están desertas, porque a xente está demasiado aterrada como para se mover. E inda así, hai persoas civís que están a ser asasinadas ou feridas. As cifras son moi inferiores á realidade, pois non é doado saír a documentar os ataques anteriores.

“Fóra de las fronteiras da Faixa de Gaza, o mundo observa as súas pantallas de televisión. E agarda.

“Xa pasamos por isto antes. Hai case catro anos, Israel lanzou a Operación Chumbo derretido, unha ofensiva de 23 días contra la Faixa de Gaza que situou inalterabelmente á población civil no ollo do furacán. Nesa ofensiva, o 82% das persoas mortas foron civís, 1.179 das denominadas polo Dereito Internacional “persoas protexidas” foron asasinadas mentres o mundo miraba.

“Como consecuencia do peche ilegal da Faixa de Gaza por parte de Israel —imposto dende hai agora cinco inimaxinábeis anos— a destrución causada durante a Operación Chumbo derretido inda non ten sido totalmente reparada. Segundo van caendo as bombas hoxe, os cascallos engádense aos cascallos; outra xeración de destrución. Unha xa deteriorada infraestrutura, en particular a dos hospitais, fai que sexa moi difícil saír adiante.

“Despois da Operación Chumbo derretido crimos que o mundo respondería. Tiña que facelo. O Centro Palestino para os Dereitos Humanos (CPDH), e outras organizacións prepararon un sennúmero de casos ben documentados que contiñan alegacións concretas de crimes de guerra xeralizados cometidos polas forzas israelís. Presentámolas, entre outros, ante a Misión de Investigación de Nacións Unidos sobre o Conflicto de Gaza que concluiu que a Operación Chumbo derretido estivo dirixida contra “o pobo de Gaza no seu conxunto”. Declarou que a acción de Israel se baseara nunha “política deliberada de forza desproporcionada” cuxo obxectivo non era o enimigo senón a “infraestrutura de apoio”. Na práctica parece que se refería á poboación civil. Sobre a base desas conclusións, a Misión de Investigación recomendou que o Consello de Seguridade remitise a situación de Gaza á Corte Penal Internacional para que todos os presuntos criminais de guerra pudiesen ser investigados e, se se consideraba, xulgados e procesados.

“Esta non foi unha conclusión inusual. Foi unha resposta ás nítidas esixencias do Dereito Internacional.

“Durante case catro años, o CPDH ven loitando por que se cumpra tal recomendación. Como organización, representamos a máis de 1.400 víctimas da Operación Chumbo derretido. Estas persoas puxeron a súa fe no imperio da lei e na promesa dos dereitos humanos universais.

“E a súa fe deuse de fuciños coa realidade, e cunha comunidade internacional que non está disposta a cumprir coas súas obrigas. A comunidade internacional priorizou, sistematicamente, as consideracións políticas sobre os dereitos humanos utilizando a paz e a seguridade como pretexto. Deu as costas ao imperio da lei e ás víctimas.

“Hoxe, estas mesmas víctimas xunto a toda a poboación de Gaza, son unha vez máis o obxectivo dun ataque implacábel. Unha vez máis, Israel despreza o Dereito Internacional mentres lanza embate tras embate contra a Faixa de Gaza.

“E o primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu di que isto é só o principio.

“A nosa reclamación non é extravagante nen carente de razón. Simplemente queremos ser tratadas como iguais. Pedimos que se respecten os nosos dereitos, que os chamados dereitos humanos universais se extendan á Faixa de Gaza. Pedimos que o imperio da lei sexa respectado e que todos os responsábeis das violacións do Dereito Internacional rindan contas.

“Non debemos agardar a que as mesmas atrocidades se cometan novamente. Reclamamos xustiza e responsabilidade. Soñamos cunha vida normal en liberdade e dignidade.”

  • Rayi Surani, Director do Centro Palestino de Dereitos Humanos en Gaza.

Detrás deste horror están, por unha banda, a vindeira votación na ONU para o recoñecemento do estado palestino, e por outra, as eleccións que o propio estado de Israel vai celebrar. Tremenda a súa precampaña.

A triste realidade é que o pobo palestino, un pobo que representa as esperanzas de todos os pobos esquecidos, está traxicamente só. Os gobernos do mundo falan da necesidade de contención na forza de Israel, mais amparan a barbarie no seu “dereito a se defender”. Defender??

Nós queremos lembrar o que é Gaza: unha faixa de costa, como de Camariñas a Carnota, na que viven arfredor de 1.800.000 persoas (anque a estas horas xa son unhas poucas menos), sometidas a un brutal bloqueo dende hai cinco anos. Bloqueo que non permite saír nen entrar, nen persoas, nen materiais. Unha faixa arrodeada de mar e de muros, constantemento controlados polo exército máis poderoso do planeta, que tira a matar. É un cárcere a ceo aberto, mais do ceo caen bombas, e non é posíbel fuxir delas. Defenderse, din? Pretenden aniquilar a todo un pobo, e que miremos e aplaudamos.

Pois non. Por simbólico que sexa este acto, non podemos ficar sen dicir nada. Saímos á rúa e instamos a quen nos representa a dicir basta. E convidámosvos a dirixirvos a quen di representarnos nas instancias internacionais, para lles pedir que o estado español e mais Europa se posicionen inequivocamente contra esta agresión inaceptábel. E a dirixirvos á embaixada israelí, aos mandos militares, aos organismos da ONU, esixindo o inmediato cese deste masacre e do bloqueo á Faixa de Gaza.

E porque as sociedades civís somos o apoio que lle queda a este pobo tan castigado, debemos seguir saíndo á rúa. Vémonos o sábado 24, ás 13 horas na Praza do Toural, en Compostela, na manifestación nacional que BDS-Galiza convocamos para ese día.

Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel.

Grazas por estar aquí.

  • COSAL Costa da Morte.

Película Urxente por Palestina

Aquí vos deixamos coa documental de 14 minutos que realizou un membro da expedición costeira en Palestina durante o verán de 2011, o mestre e director Alberte Pagán:

Unha boa documental

Novas relacionadas

Máis novas do COSAL

Fonte

Comentarios