Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén se mobiliza cunha concentración por Gaza

A Costa da Morte tamén se mobiliza cunha concentración por Gaza
Concentracion por Gaza en Cee-COSAL Costa da Morte

A escalada de violencia en Gaza esta xerando reacción en medio mundo. Ao longo da semana puidemos ver concentracións en Korea, EEUU ou Madrid. E tamén en Galicia onde CIG, o BNG e ANOVA veñen de emitir o seu apoio explícito ademais de ducias de entidades en todo o pais, que xa artellaron diferentes manifestacións.
Nesta loita non somos alleos na Costa da Morte que xa temos mesmo vivivo a ocupación en primeira persoa. E o colectivo COSAL Costa da Morte quere que poñer tamén o seu gran de area para facelo visible.

Asi, ante o novo masacre que Israel está a cometer na Faixa de Gaza (a estas horas a operación Pilar de defensa leva matado máis de 70 palestin@s. e hai centos de ferid@s...) COSAL Costa da Morte convoca para este luns 19 de novembro, ás 20.30 horas, na Praza 8 de marzo de Cee, unha Concentración por Gaza.

"Non podemos ficar en silencio"

"Non podemos ficar en silencio ante un xenocidio anunciado e retransmitido", afirman Chicha Martínez, de COSAL. "Pensamos que facer público o noso rexeitamento ao que fai Israel, coa complicidade de gran parte do mundo, debe ser un chamamento a quen nos representa nas diversas administracións para que insten a Israel e mais á comunidade internacional a frear tan infame actuación sionista. Bombardear un territorio cercado dende hai anos polos muros e os cañós de Israel, fogar de case dous millóns de persoas sometidas a un cruel bloqueo que non fai máis que empobrecer a unha poboación sitiada na súa propia terra, non se pode chamar operación de defensa; é un acto de destrución dun pobo, un xenocidio, e unha utilización perversa da violencia e a súa repercusión nos medios co fin de manipular a vindeira votación na ONU, así como a campaña das cercanas eleccións israelís".

I é que o apoio social é o único que queda para evitar que cotinúe a masacre. Pois os medios parecen temerosos. Resulta estrano ler os medios tradicionais como falan do conflito en Oriente Medio entre Israel e Palestina. O trato igualitario que ofrecen sobre a culpabilidade de ambos países deixa que pensar. Escoitar ese "piden a ambos países que cese a escalada de violencia" soa un eufemismo difícil de dixerir.

Película Urxente por Palestina

Aquí vos deixamos coa documental de 14 minutos que realizou un membro da expedición costeira en Palestina durante o verán de 2011, o mestre e director Alberte Pagán:

Novas relacionadas

Máis novas do COSAL

Fonte

Comentarios