A Costa da Morte volve unirse polo Día da Muller
En vídeo
A Deputación quere sumarse á data con este "Hemisferios. 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo". Uxía, Pilocha, Alba María, Belem Tajes, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey, as protagonistas.Citas co CIM de Cee
Así mesmo dende o Centro de Información Municipal á Muiller van realizar diferentes actividades. Haberá un almorzo/debate a partir das 10:15 no Centro Social con Josefa Lema, a primeira muller concelleira da democracia en Cee. Ás 12:00h realizarán a súa concentración e lectura do manifesto co apoio dos escolares, e ás 14:30h procederase á inauguración na Casa da Culturada exposición de fotografía do corcubionés Senén Insua “Por elas, por nós”. Ademais, o día 16 toca algo de maxia pola igualdade con Fani Triana ás 11:30 na Casa da Cultural para os alumnos da vila, así como día 23 con Pedro Brandariz.Día para concienciar dende o berce en Zas
O Concello de Zas organiza unha sesión de contos pola igualdade que, baixo o título “Somos iguais”, está dirixida a alumnos e alumnas da etapa infantil e primaria dos centros educativos do municipio. Raquel Queizás será a encargada de narrar historias que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes. As sesións, de 50 minutos de duración, realizanse mañá martes ás 10:30 horas co CPI de Zas e ás 12 horas no CEIP Labarta Pose de Baio.Exposicións para a coeducación en Corcubión
Será tamén o corcubionés Senén Insua o protagonista deste 8 de marzo, pois súas serán as exposicións que abre a Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Corcubión. Dúas exposicións que pretenden facer unha labor de sensibilización e concienciación da cidadanía en xeral dende a perspectiva do seu autor que se suma a celebración desta Data colaborando co seu traballo de forma desinteresada . Por un lado “FEMME” que se exporá no Auditorio Capela do Pilar, a inauguración da mostra será o vindeiro mércores 8 de marzo, ás 19.00 horas e estará acompañada da poesía do poeta corcubionés Serxio Iglesias. A outra exposición “Por elas, por nós”, está exposta na Casa do Concello dende o 1 ao 12 de marzo. Xa o vindeiro 31 de marzo continúa o programa cunha actividade de coeducación na igualdade, a obra de teatro “Rosa Caramelo” de Talía Teatro dirixida a poboación infantil de entre 3 e 10 anos e as súas familias.Xornadas Guerrilleiras en Carballo
Este ano o Concello de Carballo quere resaltar o enfoque máis combativo e reivindicativo do Día Internacional da Muller, e con esa finalidade as concellarías de Igualdade e Cultura suman esforzos nas “Xornadas Guerrilleiras”, que se desenvolverán ao longo de todo o mes cun completo programa de actividades para todo tipo de públicos. Na semana do 6 ao 10 de marzo desenvolverase o obradoiro “Sen Diferenzas”, que convida ao alumnado dos IES a reflexionar sobre a influenza dos mandatos de xénero na elección da formación e da profesión, no que trataremos de eliminar os estereotipos e os factores que inflúen nunha elección sesgada, propiciando unha toma de decisión máis libre, responsable, autónoma e axustada á realidade do mercado laboral. Outra das intervencións de reflexión e formación propostas dende a área de Igualdade é o proxecto “Igualando Carballo”, destinado a alumnado de 4º de Primaria, que consta dunha serie de actividades en cada un dos colexios do concello. Paralelamente convocarase o primeiro concurso “A historia das mulleres do Concello de Carballo”, orientado a que os rapaces e as rapazas investiguen sobre a vida de personaxes femininas vinculadas dalgún xeito ao noso concello. Na Biblioteca Rego da Balsa desenvolveranse boa parte das actividades programadas, entre ela a exposición “A muller a través da arte”, que estará aberta do 6 ao 31 de marzo, e dous obradoiros tamén artísticos: “Debuxando a igualdade”, para nenos e nenas, que se celebrará o día 7 ás 18 horas, e “Mural feminino”, unha proposta creativa para a semana do 13 ao 18 de marzo que servirá como base para a creación do “Recuncho da Igualdade”, unha sección nova da biblioteca con todo tipo de publicacións relacionadas co tema e que tamén responden ao espírito reivindicativo que trata de fomentar o Concello de Carballo, “porque é algo no que cremos e que obedece a unha situación que se debe mellorar”, apuntou Marcos Trigo. Outra das citas potentes do mes de marzo será o “Faladoiro coas guerrilleiras”, que reunirá o día 8 ás 19.30 horas á concelleira Milagros Lantes, a poeta Rosalía Fernández Rial, a escritora Mercedes Queixas, a deportista Merce Barrientos, a psicóloga Belén Álvarez Sande, a crítica literaria Chus Nogueira e a cantautora MJ Pérez, autora do tema que dá nome ao faladoiro e ao programa. Será un acto aberto de debate e de intercambio de experiencias, na mesma liña do Encontro de Mulleres que se desenvolveu o ano pasado no marco do InFórum WorkIN Carballo.Un mes de cultura en clave feminina en Vimianzo
Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, o Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo acolle neste mes un pleno de espectáculos teatrais en clave feminina.
As do peixe (Contraproducións) abrirán este mes, o vindeiro sábado día 11, cun espectacúlo onde catro mulleres concretas, ex-traballadoras dunha conserveira, representan unha memoria colectiva das mulleres reais. Na escena catro recoñecidas actrices do panorama teatral galego: Casilda Alfaro, Mónica Camaño, Rocío González e Susana Dans. O seguinte sábado, día 18, Voaxa e Carmín (Butaca Zero), a tenra e dura a un tempo historia das Dúas María de Compostela tomará vida a través de Mabel Rivera e Belén Constenla, cun texto de Esther Carrodeguas, todas elas nomeadas aos Premios de Teatro María Casares. E pechan o mes, o sábado 25 de marzo, con Chévere, que en clave de humor típica da compañía, reafirman modelos de empoderamento da muller, a través de tres actrices: Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar que cantan e contan o ques lles dá a gana no espectáculo As fillas bravas.
De Mulleres deportistas en Muxía
Muxía, para celebrar este 8 de marzo, está desenvolvendo un Concurso de debuxos “Pedaleando pola igualdade”. Os alumnos dos CEIP Os Muiños e CEIP Vilarmide xa presentaron as súas propostas, e os seleccionados formarán parte diunha exposición que estará do 13 ao 18 de marzo na Biblioteca Municipal, xunto á Exposición fotográfica “Muller e Deporte” cedida pola Asociación MUDEGA de mulleres deportistas galegas. O horario de visita será de 16:00h a 19:00h. Volvendo ao propio mércores 8 de marzo, o CIM organiza a habitual concentración baixo o balcón do edificio consistorial, ás 12 da mañá, presentada a cargo da Concelleira da Muller, Mónica Vilela. E o día máis completo será o 18 de marzo, cunha charla, ás 10:45h, sobre o deporte feminino por Mercedes Barrientos, e unha marcha cicloturista reivindicativa a partir das 11:45h polo casco urbano muxián.Os rapaces, protagonistas en Camariñas
Os alumnos de Educación Primaria do municipio de Camariñas conmemorarán o vindeiro mércores 8 de marzo o Día da Muller con varios obradoiros no pabellón polideportivo da localidade. Participarán todos os escolares desde primeiro a sexto curso de Primaria dos colexios O Areal de Camariñas e o CEIP da Ponte do Porto e a escola unitaria de Camelle. As actividades comezarán ás dez da mañá e rematarán ás dúas da tarde. Os rapaces traballarán en varios equipos onde se analizará a situación da muller en varios países do mundo e farase unha reflexión conxunta sobre o asunto. Por exemplo, referiranse á vestimenta da muller nalgúns países como Arabia Saudí e logo promóvese unha reflexión crítica sobre as mulleres neste país, onde se negan os seus dereitos fundamentais. Tamén se abordará o caso de España, onde a pesares de haber diversas políticas de igualdade segue habiendo moitas diferencias entre homes e mulleres, como o referido ós salarios, á violencia machista, ás tarefas do fogar... Os escolares pintarán un mapamundi con reflexións referidas a diferentes países, que logo poderán seguir traballando nas súas respectivas aulas. O principal obxectivo deste tipo de actividades é promover unha análise crítica sobre a situación da muller en todo o mundo para loitar contra as desigualdades en materia de xénero que aínda seguen vixentes.Teatro en Laxe
As Avoas disfrutaron da súa estrea no escenario En clave de teatro celebra Laxe o Día da Muller. Co salón de actos laxense a tope, a Escola de Avoas de Laxe subían por primeira vez ao escenario para representar a "Segunda Oportunidade". A obra, fala do importantísimo papel que fai para as familias as avoas, que son mestras, enfermeiras, economistas, modistas, psicólogas. Ademais, este mércores farán a representación no CPI Cabo da Area para os alumnos, e haberá tamén unha charla sobre violencia de xénero. Xa para o domingo, "Marcha Saudable".Novas relacionadas
- A Buserana critica a publicación do artigo “Víctimas de su sexismo”.
- A Buserana lamenta os últimos tres asasinatos machistas
- #25N: Erradicando a violencia de xénero.
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- /a-buserana-rexeita-as-ofertas-de-emprego-sexistas/.
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- 25-11-16: #25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
- Redacción QPC ([email protected])