sábado. 15.03.2025
El tiempo

A Danza de Arcos sobrevive en Lires

A Danza de Arcos sobrevive en Lires
Danza de Arcos no Festival Folclorico de Pedras Miudas en Lires

Son poucos os lugares onde a tradición da Danza de Arcos se mantén tan viva. Algún recanto en Camariñas, e pouco máis. Lires é un deles, un dos que traballa todo o ano para manter a chama dun baile con tanta historia.
No marco do Festival Folclórico de Pedras Miúdas, e como antesala da fin de semana das letras coa V Xuntanza Folk, Lires viviu unha fin de semana auténtica.

O pasado sábado día 10 celebrouse en Lires un festival folclórico no que participaron os bailaríns da nosa asociación e tamén os das seguintes agrupacións: Ecos e agarimos (Peitieiros, Gondomar), Agrupación Breogán (Brens) e Terra de Sena (Cee).
O domingo era o día de Lires, e os propios veciños protagonizaron fermosos bailes da Danza de Arcos.

Festival Folclorico de Lires Familia de Pedras Miudas no Festival Familia de Pedras Miudas

V Xuntanza Folk

Xuntanza Folk Lires 2014 O gran día, o vindeiro sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, xuntanza dará comezo a redor das 20:30 horas cunha churrascada que estará amenizada polo grupo de gaitas “Peta Forte”. A continuación, ás 22:30 horas comezará a noite de foliada da man dos anfitrións, os gaiteiros de Pedras Miúdas. Logo subirán ao escenario as agrupacións invitadas que este ano son: Os naviza (Pamplona), un grupo de músicos galegos e navarros que dende o 2011 actúan como embaixadores da música popular galega na comunidade foral. Chiculate (Ferrol), levan nos escenarios dende novembro do 1998, a súa música coida de forma especial o tratamento das voces. Parten dunha forte base tradicional que se retroalimenta de moitos máis estilos dando lugar a este máxico repertorio aberto e dinámico. Por último, o prato forte deste ano será A Banda de Poi (Compostela), Liderada por Toñito de Poi quen se dera a coñecer cos “heredeiros da Crus”, a banda nace no 2005 e disólvese no 2007 para reaparecer no 2013 con novos membros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios