Lires xa pensa na Xuntanza Folk

08:12 25/04/14

Polo día das Letras Galegas, a parroquia ceense de Lires celebrará a V Xuntanza Folk o vindeiro sábado 17 de maio de 2014. Un festival que conta con grandes bandas da música galega e qwue este ano vén ademais acompañado por un grupo navarro.
Antes do que é a música, toca zampar, e a partir das 20:30h haberá unha Churrascada amenizada polo grupo Peta Forte.
Serán Os Naviza, grupo de música tradicional galega chegados dende a mesma Pamplona, a que acompañen aos Gaiteiros locais das Pedras Miúdas e aos Chiculate, de Ferrol.
E sen dúbida, unha das bandas máis singulares que estará en “See”, será a Banda de Poi. Así se presenta…
Novas relacionadas
- Xuntanza Folk 2013: Lires vibrou a ritmo de Folk.
- Xuntanza Folk 2011: A choiva non impide que Lires recupere a esencia da tradición.
- Lires acode á chamada de socorro da Danza de Arcos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).