Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Deputación móllase por Ferroatlántica e polo galego

A Deputación móllase por Ferroatlántica e polo galego
Minuto de silencio na Deputacion polo policia local carballes falecido Minuto de silencio na Deputacion polo policia local carballés falecido O pleno deste venres da Deputación da Coruña serviu para que o asunto Ferroatlántica saltase á palestra provincial. Falaron responsables costeiros como José Manuel Pequeño ou Lolo Muíño, alzando a voz dunha comarca comprometida polos postos de traballo. Así, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e a abstención do PP, aprobaron unha moción instando á Xunta de Galicia a rexeitar a segregación das actividades de aproveitamento hidráulico das actividades de produción de ferroaliaxes nas centrais de Ferroatlántica en Cee e Dumbría. O pleno comezou cun minuto se silencio en memoria do policía local carballés José Luis Garea Vales falecido en acto de servizo en Carballo. Pouco despois tomou a palabra José Manuel Pequeño que recordou que “o motor económico da comarca de Fisterra, de Cee e Dumbría, é esta fábrica”, e criticou que “estamos ante unha chantaxe coma a do ano 92” e avoga por defender unha factoría “que levamos no noso ADN e que é fundamental para a supervivencia económica da Costa da Morte”. Pequeño remontouse ata “a implantación da compañía hai 100 anos na zona asegurando que se fixo “polo seu gran potencial enerxético” e que, dende entón atravesou momentos de crise coma o que se produciu no ano 92 “cando nos ameazaron con que se non se deixaba vender por separado, pechaban as fábricas”. “Hoxe estamos outra vez ante a mesma chantaxe”, sostivo Pequeño, que afirmou que “se Fraga e Cuíña non o permitiron, tampouco o debería permitir Feijoo” e anunciou a posibilidade de “convocar aos alcaldes para unha folga na comarca ou unha manifestación ante a Xunta” para defender unha factoría “que levamos no noso ADN e que é fundamental para a nosa supervivencia”. No mesmo sentido se pronunciou o deputado provincial e alcalde de Zas, Manuel Muíño, que apuntou que a factoría de Ferroatlántica é o principal referente industrial da zona “no que traballaron os avós e os netos” e sostivo que a petición de que non se segreguen as actividade “é un clamor en toda a Costa da Morte”. [fbvideo link="https://www.facebook.com/xose.regueira/videos/764084267094633/" width="800" height="600" onlyvideo="1"] Pola súa banda, o Partido Popular plantexou unha emenda ao texto, sen referencias á segregación, na que se limitaba a expresar o rexeitamento “a calquera operación que poña en risco o mantemento da actividade e do tecido produtivo arredor das ferroaliaxes na nosa provincia”. A iniciativa decaeu por falta de apoios ao contar só cos 11 votos dos deputados do Grupo Popular. O voceiro do PP, Agustín Hernández considerou que “pedir a non segregación sen máis é un exercicio de fariseísmo político” porque “o que é legal, é legal” e pediu “medidas que garantan o mantemento da actividade industrial na zona”.

Ordenanza polo galego

Así mesmo, pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade do pleno a ordenanza de uso da lingua galega, o primeiro documento oficial que impulsa e inclúe o uso da nosa lingua en todos os ámbitos de actuación. Recoñeceu tamén o papel da Administración local, como institución máis próxima, á hora de promover o proceso de normalización lingüística e garantir os dereitos lingüísticos da veciñanza. “Tamén o concello dos concellos, a Deputación, debe dar exemplo e mostrar o seu compromiso lingüístico e a súa vontade de traballar con intensidade na utilización normal do galego”, sinalou Goretti Sanmartín para quen a ordenanza supón oficializar que o galego sexa a lingua escollida na comunicación coas persoas administradas.

Fonte

Comentarios