domingo. 19.10.2025
El tiempo

O Campo Irmandiño xa está en xogo

Campo Irmandino Vimianzo Inaugura 3
O Campo Irmandiño xa está en xogo

Vimianzo celebrou este sábado a inauguración oficial do novo campo de fútbol municipal ‘Irmandiño’. O primeiro saque de honra foi da man de Manuel Pablo, o mítico lateral do Deportivo, hoxe adestrador do Fabril.

Campo Irmandino Vimianzo Inaugura 2
Manuel Pablo facendo o saque de honra

Foron os equipos das categorías base da SD Soneira foron os encargados de dar o bandeirazo de saída a este novo terreo de xogo.  En fútbol 8 o benxamín xogou ante o C.F. Dumbría mentres na outra metade do campo o alevín se enfrontaba á U.D. Cerqueda. Ao remate, o infantil xogou o seu partido de fútbol 11 ante a SD Coristanco, estreando un campo que aspira a converterse nun referente para o deporte en toda a Costa da Morte.

Pero estiveron presentes tamén o membros do CD Baíñas, por suposto, ademais de representantes municipais de varios concellos e da Real Federacion Galega.

A remodelación permitiu renovar por completo o campo de fútbol, mellorando de forma considerable as condicións de xogo para os deportistas, así como os servizos complementarios. Entre as actuacións realizadas destacan a substitución do céspede artificial por un novo de última xeración, que conta cunha subbase elástica prefabricada; a modernización do sistema de rego e drenaxe; a instalación de novas varandas perimetrais, porterías de fútbol-7 e redes recolle-balóns; así como a reforma e ampliación da cantina municipal, que conta agora cunha cuberta a unha auga, peche acristalado e aseos renovados.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, amosouse emocionada polo resultado da actuación, a primeira nas instalacións en dezaoito anos. “Hoxe é un día moi especial para o deporte vimiancés. Inauguramos unha instalación moderna, accesible e segura, pensada para dar o mellor servizo aos nosos clubs e veciños. Ademais, o nome ‘Irmandiño’ representa o orgullo da nosa historia e a nosa identidade como pobo”, destacou a rexedora.

As obras contaron cun investimento total de 480.132 euros, dos cales a Deputación da Coruña aportou 350.000, isto é, case un 73%.

Campo Irmandino Vimianzo Inaugura

Comentarios