Luns. 14.10.2024
El tiempo

A importancia de ser Manolín. Conversas co mito

A importancia de ser Manolín. Conversas co mito
Manolin Oliveira Manolón Oliveira

Ser grande vai máis alá de victorias ou derrotas, de éxitos ou fracasos. A consideración de mito vai en certa medida relacionada coa capacidade para xerar, xa sexa para ben ou para mal, unha certa opinión en cada un. E seguramente, se alén dos límites do fútbol da Costa da Morte se pregunta por un mito da zona, unha ampla porcentaxe das respostas levaría o nome de Manuel Oliveira Gómez, Manolín.

Por iso, e na semana na que o firmante aínda se sinte invadido pola tristeza de ter que compoñer estas liñas, QPC quere abrirse á lenda, tentar pintar un cadro en forma de profunda conversa, co que aproximarse á lenda, a persoa, ao adestrador... Durante os vindeiros días publicaremos varios fragmentos do cara a cara que percorre a vida, carreira e anécdotas do máis exitoso de cantos homes se sentaron nun banco da Costa. A entrevista que nunca querería ter feito, e un desafío persoal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios