Xoves. 12.09.2024
El tiempo

A literatura infantil tamén invade o Outono Cultural de Cee

A literatura infantil tamén invade o Outono Cultural de Cee
Autores no Outono Cultural de Cee

Por primeira vez, o Outono Cultural do Concello de Cee terá á literatura como novidade. Serán as I Xornadas do Libro Infantil e Xuvenil da Costa da Morte as que sirvan para achegar a literatura e a lectura aos máis xóvenes e que busca convertirse nun clásico da cultura costeira.

Ademáis, durante estes meses, teatro, poesía, música, literatura e, incluso, micoloxía.

Xornadas do libro infantil e Xuvenil

Os días 7, 8 e 9 de novembro terán lugar unha na Casa da Cultura de Cee estas xornadas literarias que contarán con exposición de libros, sesión de títeres, contacontos, e encontros con escritores.

O martes 7 será Concha Blanco a que se achegue co seu libro “O medo é libre” ao Colexio Manuela Rial. O mércores 8 Xan Fernández Carrera levará as “Lendas da Costa da Morte” aos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo.

E o xoves 9 haberá sesións de títeres e contos con Duende Sico para alumnos de primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo, así como alumnos das Escolas Unitarias. Ademais, Xosé María Lema contará a súa novela “Costa do Solpor” aos alumnos de secundaria do I.E.S. Fernando Blanco.

Xa o venres 10 de novembro, María Canosa terá un encontro cos cativos do Eugenio López e Manuela Rial Mouzo na Casa da Cultura para levar a súa “A cazadora de estrelas”.

Manolín

Interesantísimo será tamén o Ciclo de recitais poético-musicais de Manuel Oliveira “Manolín”, que se celebrarán na Casa da Cultura os venres 20 de outubro, 27 de outubro, e 3 de novembro ás 20.15 horas.

Teatro e Memoria

O 27 de outubro haberá unha charla coloquio da compañía BUTACA ZERO arredor do alzheimer. Ás 10.00 horas no Centro Social.

O sábado 28, terá lugar ás 20:30h na Casa da Cultura "Na Butaca. Fantasía No3 en Dor Maior”, obra teatral de Butaca Zero na que se aborda o tema do esquecemento como doenza propia das demencias e o alzheimer. O espectáculo forma parte do actos do "Mes da Fundación”.

Para o domingo 29 de outubro, a Escola de Teatro de Muxía presenta en Cee esta obra versionada e dirixida por Artur Trillo levará ás 19:30 á Casa da Cultura a obra "Herdanza".

O Concerto especial Santa Cecilia coa Banda de Música de Cee e artistas terá lugar o sábado 25 de novembro ás 20:00h.

E o programa tamén conta coas XVII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte das que falaremos estes días.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios