Mércores. 09.10.2024
El tiempo

"A Mariñeira de Quilmas" enche os cines de Cee

"A Mariñeira de Quilmas" enche os cines de Cee
Estrea en Cee da Mariñeira de Quilmas Estrea en Cee da Mariñeira de Quilmas A marineira de Quilmas-filme

Unha encantadora sesión tivo lugar onte, mércores 27 de febreiro de 2008, nos cines Xunqueira de Cee. O que non consegue o cine comercial, faino o de produción galega, e as dúas salas que proxectaban o filme a un tempo estaban ateigadas de xente. A película non defraudou e todos marchamos entre marabillados e pensativos.

Pensando na perda que pode supoñer a ampliación da granxa que pretender construir na zona onde se rodou e onde ten lugar a historia: Quilmas. A marea vermella, como non podía ser doutro xeito, nonn faltou á cita e as camisetas con ese xa mítico "Quilmas non se vende" (ou Galicia, ou Merexo ou Camelle ou Seiruga, por exemplo) rondaban polas salas. As mesmas camisetas que onte andaban por Carnota "zarandeando á conselleira".

E permítanme falar un pouco aquí deste asunto porque ten cola. I é que dunha crónica dun periódico que non estivo presente no envite, sae agora ata o mesmísimo Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG (que eu nin o coñecía, a dicir verdade) poñéndose no lugar da señora Gallego e criticando o problema de "terrorismo independentista" que agora temos neste país. Boten unha ollada en La Región, por exemplo, ou na propia Voz e verán a que me refiro. Vaia escándalo.

Presentación da longametraxe

Volvendo ao que nos atinxe, a presentación foi realizada por diferentes persoeiros relacionados ou non co filme. Mamen Quintas abríu o turno, vestida de vermello, con agradecementos varios incluidos os concellos participantes. Antón Dobao, director da peli, explaióuse un pouco máis. Asegurou sentirse xa un máis desta Costa da Morte, xa que as experiencias vividas en Berdeogas, Corcubión, Quilmas... fíxonos cidadáns desta terra. Dobao resaltou a paisaxe que presta a zona, co monte Pindo sobre todo, e mandou unah mensaxe clara: estamos orgullosos de ser o que somos, e tras todo o que loitaron os nosos, agora estamos aquí, para seguir loitando para que nin Galicia nin Quilmas se venda. Nada máis que dicir

Tamén falaron César Cambeiro, actor que ademais é de Caldebarcos, que tirou unha pedra pola revalorización do noso patrimonio, (porque nunha aldea pensamos que non temos nada e o que tmeos aquí vale máis que nada) ou Pepe Penabade, un dos protagonistas do filme, que recordou á señora e tan falada ultimamente a nivel estatal Memoria Histórica. Tamén houbo loubanzas para a productora Ficción Producciones por apostar por filmar en galego (malia que non era o ghallegho-ghallegho que se había falar entón), algo que semella tan evidente que nunca se fai. Para rematar o alcalde de Cee, Ramón Vigo, agradeceu o evento e sinalou a importancia dunha longametraxe que reflicte unha etapa difícil que nos fai mirar pola tolerancia e o respeto nos axuda a vivir en paz.

A longametraxe

Pouco hei dicir da peli. Xa estades atentos para cando saia na televisión, i é que non hai cartos para poñela nestes cines de agora que só saen as ianquis. Unha verdadeira xoia, historicamente, paisaxísiticamente e no intrígullis da trama.

Iso si, na historia pode verse perfectamente a beleza da costa e do lugar. Estamos a falar dunha pelicula íntegramente rodada na Costa da Morte, co Pindo, co porto de Quilmas, con esas preciosas casetas de pescadores que ficarán no medio dun mar negro, cos preciosos interiores da casa de Sé e Jano de Corcubión... Unha morea de detalles que deixan á nosa bisbarra como o que é, un paraíso na terra.

Cabe resaltar un pequeno detalle da peli. Alén da estupenda banda sonora dos Dios que te crew (que veñen de triunfar en Cuba coa señora do "soe"), un comentario, senón a película enteira, vén moi ao caso de todo o tema este do Plan Acuícola. A frase sae da boca de Pepe Penabade cando Lucía Regueiro, rapaza da zona pero que marchou estudiar a Compostela, dille a Pepe que quere aprender a pescar. Pepe respóndelle instintivamente "pois vai apurando que cando poñan a piscifactoría esta non vai quedar peixe ningún".

Con isto Que pasa na Costa congratúlase de estar presente neste proxecto de comezo a fin, xa que coincidindo co nacemento do diario, a rodaxe cruzouse con el no mellor escenario para unha longametraxe.

Fonte

  • Redacción.

Comentarios